Esta semana aumentarán as temperaturas en toda a Península

En Ourense poderanse alcanzar temperaturas de até 30 graos


|

Dos personas caminan por una vía en plena ola de calor, a 12 de julio de 2022, en Orense, Galicia (España). Los termómetros de la práctica totalidad del territorio gallego alcanzarán valores “e
Arquivo - Dúas persoas camiñan por unha vía en plena onda de caloen Ourense / Foto: @EP

As temperaturas aumentarán este luns até uns valores propios da tempada de verán. Durante esta próxima semana os mercurios estarán especialmente altos para estas datas do ano, con cifras de entre 30 e 35 graos, segundo afirma a AEMET.

 

En localidades como Sevilla se prevén para o venres temperaturas máximas superiores aos 41 graos. Noutras como Xaén poderán chegar aos 38.

 

A entrada progresiva dunha masa de aire moi cálido e seco proveniente de África será a responsable desta subida de temperaturas na Península e en Baleares . Isto fará que a partir do luns aumenten previsiblemente as máximas na metade oeste peninsular e as mínimas en Baleares e na metade sur e este peninsulares. No resto espéranse tamén cambios, aínda que pouco significativos.

 

Este luns tamén se esperan, pola súa banda, ceos nubrados no extremo norte peninsular, sen descartar precipitacións débiles, máis probables en Galicia e no Cantábrico occidental. Ademais, os ceos serán nubrados noutras zonas da metade norte peninsular e das illas Baleares, con nebulosidade de evolución que podería deixar algún chuvasco pouco importante en Xirona , mentres na metade sur predominarán os ceos pouco nubrados.

 

No arquipélago canario prognostícanse intervalos nubrados no norte das illas e pouco nubrado no sur, así como ventos alisios moderado no noroeste. Pola súa banda, na península prevense ventos de compoñente oeste, salvo na área mediterránea, onde estes serán de carácter variable, bambos ou moderados.

 

A SITUACIÓN EN GALICIA

En canto a Galicia espéranse aínda na nosa comunidade ceos nubrados e mesmo con algunhas precipitacións débiles. As temperaturas irán tamén en aumento, aínda que máis levemente que no resto de España.

 

Poderanse alcanzar temperaturas de 30 graos en Ourense , aínda que na maior parte da comunidade serán máis baixas. 20 de máxima para A Coruña, 26 para Santiago, 24 para Vigo ou 26 para Lugo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE