O'Mega critica a negativa do conselleiro a negociar ante folga médica en Galicia

O sindicato O'Mega tachou de "irresponsabilidade" a "negativa" a negociar do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, ante a folga médica convocada pola central sindical para o vindeiro luns 2 de marzo.


|

OMEGA MEDICOS HUELGA MANIFESTACIÓN VIGO
Arquivo. Unha pasada folga de médicos 


Segundo apuntan, máis de 3.000 médicos adscritos ao Sergas están chamados a un paro que, advirten, "ameaza con cancelar cada día máis de 8.000 consultas e aumentar aínda máis as lists de espera na xa moi congestionada Atención Primaria".

Para evitalo, continúan, "só é necesario" que o conselleiro abandonde a súa "actitude prepotente" e acceda a negociar co sindicato un plan de choque para desconxestionar o sistema.

"O conselleiro di que O'Mega non quere realmente negociar, pero o certo é que desde que tomou posesión do cargo non sentou a negociar cos verdadeiros representantes dos médicos", defende o presidente do sindicato, Manuel Rodríguez, que engade que Caamaño "dialoga pero non negocia" e asegura que "sabe perfectamente cales son as verdadeiras reivindicacións dos médicos e facultativos do Sergas".

Por iso, insta ao conselleiro a que poña "data e hora" para unha reunión que posibilitaría desconvocar, "ou polo menos suspender", a nova convocatoria de folga.

Sobre as medidas, O'Mega considera que as solucións "economicistas" expostas para tratar de garantir unha lista de espera dun máximo de catro días en Atencion Primaria están "condenadas ao fracaso" porque terán un "nulo impacto ao non ser negociadas cos verdadeiros representantes dos médicos e facultativos galegos e buscar como solución á falta de médicos a contratación de extracomunitarios, unha vía que xa fracasou cando foi proposta hai meses".

"A Consellería pretende solucionar o problema con máis burocracia e sobrecargando aínda máis o traballo dos facultativos cando nin sequera se plasmaron aínda as medidas pactadas cos sindicatos de clase para desmovilizar a folga de médicos do pasado mes de novembro e que os médicos xa consideraran no seu día totalmente insuficientes", destacan.

En contraposición, o sindicato defende un plan de choque que inclúa o establecemento de axendas pechas, cun máximo de 30 pacientes por xornada laboral, e incentivar economicamente a prolongación da xornada para atender a sobredemanda.

Esixen tamén a voluntariedad do traballo dos sábados, "que debería ser mellor remunerado nos Puntos de Atención Continuada", e un reaxuste das presenzas nos PACs para manter un cociente de 30 pacientes por médico.

Ademais, o sindicato reclama a equiparación salarial entre os facultativos de Atención Primaria e o fin da discriminación na retribución dos complementos a pediatras, odontólogos e farmacéuticos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE