Permanecen hospitalizadas tres das seis persoas intoxicadas con deterxente nunha pulpería de Lugo

Os afectados sigen en observación tras consumir café contaminado con deterxente durante as festas de San Froilán.


|

Pulpo u00e1 feira
Foto: @g24noticias

 

Continúan hospitalizadas tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas este fin de semana no Hospital Lucus Augusti (HULA) tras intoxicar cun café contaminado con deterxente durante as festas de San Froilán, en Lugo.

Os feitos sucederon o venres pola noite nunha pulpería da Ronda das Fontiñas e unha das persoas xa foi dada de alta o sábado, mentres que as outras dúas fixérono o domingo.
 


Con todo, o tres ingresados están en supervisión médica para control e vixilancia, xa que a súa afección era maior.

Pola súa banda, fontes da Consellería de Sanidade consultadas por Europa Press, avanzaron que a Dirección Xeral de Saúde Pública iniciará as accións pertinentes de inspección de seguridade alimentaria.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE