Folga de profesores: STEG e CIG convocan un paro de 48 horas para os días 28 e 29 de outubro

As dúas centrais sindicais chaman á mobilización despois de acudir ás protestas do pasado 25 de setembro, onde cifraron o seguimento por encima do 60%.


|

554541546 1208119648015640 5700052306367907476 n
Foto: STEG

 

Por primeira vez desde os anos 80, a educación pública galega parece encamiñar a un paro de 48 horas despois de que o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) e a Confederación Intersindical Galega (#CIG) anuncien a convocatoria de paros en Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP os días 28 e 29 de outubro.

 

 

CHAMADA Á FOLGA

Os dous sindicatos traballaron man a man na convocatoria despois de acudir ambos os á folga convocada de maneira unilateral pola CIG antes de arrincar o curso e que datou para o pasado 25 de setembro, onde a protesta gozou, segundo os datos dos sindicatos, dun amplo seguimento nos centros escolares, cunha participación do 60%, ademais de levar ás rúas a preto de 8.000 docentes na protesta polas rúas de Santiago. 

 

 

A convocatoria da folga xeral educativa realizárona STEG e CIG de maneira simultanea este mércores. "Esta é unha resposta como unidade de acción sindical", sosteñen as convocantes. 

 

 

Nese sentido, as organizacións reafirman os "obxectivos comúns" que comparten, de maneira que esta chamada coincida en tempo e forma.

 

554464933 1208119541348984 3234002565010014865 n
Foto: STEG

 

Precisamente, desde STEG, cando anunciaron que se unían ás manifestacións de setembro, reclamaban a coordinación sindical na batalla ante a Consellería de Educación, á que demandan unha inmediata baixada de cocientes, a redución de horas lectivas até os niveis previos á crise económica, a recuperación do poder adquisitivo dos docentes ou reforzos de persoal especializado na atención á diversidade, entre outras moitas cuestións. 

 

 

Serán 48 horas de folga e a primeira vez que se convoca ao corpo docente en Galicia a un paro tan longo desde os anos 80, o que proba a magnitude desta medida adoptada polos sindicatos, que chegan até este extremo despois de varios cursos advertindo da "situación límite" que se está vivindo na educación pública galega e do pasotismo dunha Consellería de Educación que, até a data, non abriu liñas de diálogo cos sindicatos criticos co acordo asinado a finais de 2023 con CC.OO., UXT e Anpe. Acordo, cabe dicir, que chegou até a xustiza tras a denuncia de Comisións polo incumprimento dalgúns do punto pactados. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE