Galicia espera o paso dunha DANA este fin de semana que traerá choiva para sufocar a vaga de incendios

O domingo rexistraranse as primeiras precipitacións, que poden vir acompañadas de saraiba e tormentas de verán nalgúns puntos.


|

Viveiro, Lugo. Paso de un temporal de viento y lluvia por la costa gallega. La Xunta de Galicia ha decretado el nivel naranja en las costas de Pontevedra, Coruña y Lugo debido a las fuertes rachas de
Viveiro, Lugo. Paso dun temporal de vento e choiva pola costa galega. A Xunta de Galicia decretou o nivel laranxa nas costas de Pontevedra, Coruña e Lugo debido aos fortes refachos de

 

Despois dun agosto marcado polas altas temperaturas e a persistencia das mesmas, as últimas rabexadas do oitavo mes do ano empezan a deixar paso a un tempo máis inestable e propio do outono con algunhas precipitacións que se farán máis copiosas a medida que entremos na próxima semana. Este xoves xa o sufriron nas súas carnes en Cantabria, nomeadamente en Santander, onde, segundo AEMET, chegáronse a rexistrar intensidades torrenciais de 16,8 mm en dez minutos, 63,6 mm en 1 hora e 75,8 mm nas últimas 3 horas.

 

 

DA ANTUCA Ao PARAUGAS

No entanto, despois dun lixeiro bajón, para este venres espérase un repunte do mercurio nos termómetros, antesala da fronte que entrará polo norte o domingo e que deixará choivas práctiamente toda a semana para despedir o mes. En calquera caso, a calor de venres e sábado non será comparable ao das semanas pretéritas, polo que se pode constatar o fin da onda de calor, unha das máis longas no que vai de século. 

 

En calquera caso, Galicia non será a única afectada, xa que a DANA varrerá todo o norte peninsular, con tormentas estivais en distintos puntos do país. O que si se espera é que as precipitacións axuden a loitar contra os incendios que aínda permanecen activos, algúns deles dúas semanas despois do seu inicio. 
 

 

Tamén hai que contar coa aparición de bancos de néboa matinais nas zonas altas de Galicia, pero o tempo adverso produto dos restos do furacán Erin fará acto de presenza na madrugada do sábado ao domingo.

 

 

 

Os servizos meteorolóxicos aínda non se atreven a prognosticar a intensidade do paso de Erin pola península, pero todo parece indicar que sería unha borrasca cunha presión moi baixa para esta época do ano. Isto pode traducir en choivas fortes, saraiba e vendavais. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE