Falece Luís Rial, xornalista radiofónico galego de longa traxectoria

Luís Rial era o xornalista activo de máis idade co seu programa diario nocturno 'Estamos Contigo'


|

Luis Rial
Luís Rial

O xornalista radiofónico Luís Rial (Santiago de Compostela, 1942) faleceu deixando un fondo pesar na súa cidade. Segundo trasladou aos medios o xornalista Javier García Sánchez, autor de 'A Radio de Rial', este foi o xornalista radiofónico en activo de máis idade co programa diario nocturno e de longa duración 'Estamos Contigo', emitido en Radio Obradoiro ( O Correo Galego), co que realizaba un importante labor social tentando axudar ás persoas máis necesitadas.

Traballou en varias cadeas radiofónicas: SER (Radio Galicia, nos anos 60), Radio Cadea Española, Radio Nacional de España, Radio Galega, desde a súa inauguración, e Radio Obradoiro até a súa cancelación; e especializouse en programas nocturnos de longa duración.

Percorreu Galicia dando a coñecer as súas festas e romarías e pronunciando máis de medio centenar de pregóns; dirixiu e presentou un programa de sucesos polo que lle concederon o Premio de Xornalismo de Galicia.

Tamén realizou programas dirixidos á emigración: 'Volta Galega a España' e 'Volta Galega a Europa', percorrendo os centros galegos existentes, e promoveu e dirixiu o programa radiofónico 'Festa do Amor'.

Entre os premios e distincións que recibiu están o Premio de Xornalismo de Galicia (1988), Premio á Galeguidade (1987), Premio de Xornalismo de Fexdega ( 1989), Premio Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico (1999) e Medalla de Bronce de Galicia (2003).

O cadáver será velado no Complexo Funerario Apóstolo Santiago, sa

 

a 'Obradoiro' (Boisaca). Este luns terá lugar ás 19,00 horas unha misa na capela do complexo funerario e seguidamente será incinerado na intimidade familiar. O funeral terá lugar o martes, día 9, ás 18,00 horas na Igrexa de San Agustín.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE