(VIDEOCLIP) 'Síntese Horizonte', o último traballo de Guadi Galego, xa ten datas de presentación

O novo directo da artista de Cedeira estará acompañado dun novo espectáculo que se presentará o 26 de xaneiro en Santiago de Compostela.


|

Guadi Galego 3
Guadi Galego

 

Un ano e pico apartada dos escenarios, que non da música. Así foi a última etapa de Guadi Galego, que deu un paso atrás para coller impulso e preparar o salto con 'Síntese Horizonte', o seu último traballo e co que regresará aos principais teatros do país. Este novo directo gozará dunha posta de longo en varias cidades con tres concertos exclusivos onde a súa voz non estará soa, senón que contará co acompañamento de" unha portentosa banda", como anuncian.  

 

A estrea terá lugar o próximo 26 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Só un día despois, o 27 de xaneiro, será a quenda do Teatro Jofre de Ferrol e, xa o 13 de abril, o Teatro Principal de Pontevedra, no marco do ciclo 'Resoan', pechará o triplete destas actuacións que xa teñen as súas entradas á venda no caso do show do trinque. 

 

Cartel

 

Despois de Berrogüeto, a traxectoria en solitario de Guadi Galego foi un éxito de público e crítica, sen que iso significase renunciar á experimentación nin a abrir horizontes como fixo con 'Inmersión' ou como fai agora con 'Ou.D.A.', o seu último tema.

 

 

Co seu novo espectáculo, a de Cedeira "reivindica a firme crenza do poder transformador da música en vivo". "Por iso, para este tres primeiros exclusivos directos, a artista acompañarase dunha portentosa banda conformada por grandes artistas do país, reunida especialmente para a ocasión. É o caso de Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión), Álex Fernández (teclados) e dun coro conformado por Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Giménez", engaden desde a organización, onde destacan tamén a iluminación ou a posta en escena como outros elementos coidados ao detalle para sorprender ao público cunha "experiencia musical única e transformadora".

 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE