Fito tecnolóxico no tratamento de tumores de páncreas en Quirón Saúde A Coruña
O Hospital Quirónsalud A Coruña informa que, por primeira vez na sanidade privada galega, completouse unha innovadora técnica endoscópica para o tratamento de certos tumores pancreáticos. En concreto, ee trata dun tratamento guiado por ecografía endoscópica.
David Martínez Ares, especialista en Dixestivo do Hospital Quirónsalud A Coruña relata que a técnica se realiza a través dun ecoendoscopio, un instrumento que permite obter unha imaxe ecográfica moi precisa do páncreas e das vías biliares; o instrumento introdúcese pola boca do paciente, unha vez sedado.
O método proporciona de forma simultánea imaxe endoscópica e, desde o estómago ou o duodeno, imaxe ecográfica do páncreas. Aínda que a radiofrecuencia úsase frecuentemente noutras disciplinas, a súa aplicación na cirurxía do cancro de páncreas é innovadora xa que até agora non se dispuña de instrumentos específicos para esta táctica médica.

En caso de tumores de máis tamaño de 2 centímitros e agresividade aínda hai que recorrer á cirurxía convencional. Afortunadamente, no de menos volume, pódese usar a nova técnica, que ten "resultados excelentes".
En concreto, está indicada no tratamento dos tumores neuroendocrinos pancreáticos funcionantes (produtores de hormonas) ou no non funcionantes (que non producen hormonas) de menos de dous centímetros de tamaño e con achados na biopsia que suxiren un comportamento menos agresivo.
VANTAXES
Coa nova tecnoloxía usada en Quironsalud, conséguese unha taxa de complicacións moito menor e nunha estancia hospitalaria moito máis breve. Outra das vantaxes desta técnica é que a cirurxía se realiza baixo sedación no canto de anestesia xeral como si é necesario en caso da cirurxía.
Escribe o teu comentario