A pandemia retrocede en Galicia a un ritmo de case 500 casos activos menos en só unha semana

490 casos activos menos en 7 días. Un descenso de case un milleiro de casos que deixou a Galicia con 775 casos activos nestes momentos, a cifra máis baixa desde novembro de 2021. O retroceso neste sentido é fulgurante desde o fin das festas do Nadal.

 


|

490 casos activos menos en 7 días. Un descenso de case un milleiro de casos que deixou a Galicia con 775 casos activos nestes momentos, a cifra máis baixa desde novembro de 2021. O retroceso neste sentido é fulgurante desde o fin das festas do Nadal. 

 

Folga dicir que é un descenso dos casos que detecta o SERGAS, xa que hoxe, cando se realizan moi poucas probas e moitos pasan a enfermidade sen comunicarlla ás autoridades sanitarias, unha gran cantidade de casos pasan desapercibidos para Sanidade.

 

A pesar de todo, a mellor referencia sobre a situación da pandemia podémola atopar nos hospitais, que hoxe rexistran outra importante caída, con 122 enfermos de coronavirus en planta -sete menos que onte- e unha decena en UCI. A marxe de manobra nos hospitais é cada vez maior. 

 


 

O Servizo Galego de Saúde (#Sergas) rexistrou 62 novos casos de coronavirus nas últimas 24 horas, pero se mantén por baixo dos 800 infectados oficiais, cun total de 775 infeccións activas contabilizadas fronte ás 786 da estatística publicada este martes.

A área da Coruña rexistrou o maior repunte no número de casos activos, ao pasar de 107 dos datos publicados este martes aos 156 deste mércores (con datos do martes 24 ás 18,00 horas), 49 máis.

Pola súa banda, Lugo tamén experimenta un crecemento, ao pasar de 86 a 115, 29 casos máis en 24 horas. A área de Ourense sitúase con 84 (+2); Pontevedra, con 80 (-2); a de Vigo, con 134 (-13); a de Santiago 134 (-5); e a de Ferrol rexistra 65 casos activos, sete casos menos que na xornada anterior.
 


Do total de pacientes, dez están en UCI, a mesma cifra que se contabilizou este martes, e 122 en unidades de hospitalización, sete menos que na xornada anterior.

O número de falecidos mantense, tras as seis notificacións efectuadas nos últimos días e que transcenderon este martes, nun total de 4.055 decesos vinculados á pandemia.

Pola súa banda, o número de dose de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.563.759.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE