Os dorsais da Carrera Enki a favor da diversidade na Coruña poderanse recoller no Corte Inglés

O  Paseo do Parrote da Coruña acollerá a Carrera Enki Galicia  o 15 de outubro.  Os interesados en participar nesta proba de obstáculos non competitiva organizada pola Fundación Abrente, poderán recoller os seus dorsais en breve. 

 


|

Carrera Enki na Coruu00f1a
Carrera Enki na Coruña 

En concreto, a entrega de dorsais será no departamento de deportes do Corte Inglés de Ramón e Cajal desde o xoves, 13 de outubro, entre as 14 e as 21 horas. Ao día seguinte, o venres, a recollida estará dispoñible desde as 10 da mañá.  

 

Pode anotarse todo o mundo; nenos sen idade mínima, familia, deportistas e non deportistas, homes, mulleres, persoas con e sen mobilidade reducida, atletas…etc.   

 

É unha proba lúdica promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade. A organizadora é a  Fundación Abrente , unha organización sen ánimo de lucro centrada en inclusión das persoas con diversidade funcional, con especial atención aos menores, a través da práctica da cultura física e deportiva non competitiva.

 

Como sempre, haberá premios especiais. Entre outros, para o equipo máis numeroso, o equipo con disfrace máis orixinal e equipo máis animado. Toda unha festa que aúna deporte, solidariedade e divertimento. Así foi a edición de 2021:

 

 

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE