FACUA Galicia denuncia a Ambulancias Rías Baixas por ter un 902 como teléfono de urxencias

A asociación informou aos usuarios de que poden reclamar á empresa o que se lles cobrou polas chamadas realizadas


|

Noticia18671h
Arquivo: Ambulancia / Foto: FACUA

FACUA Galicia denunciou a Ambulancias Rías Baixas ante o Instituto Galego de Consumo e Competencia por ter un número 902 para atender as urxencias. Trátase dun teléfono cuxas chamadas son de tarifación especial, dispoñible pola empresa 24 horas.

 

A asociación remitiu un escrito a este organismo oficial pedíndolle que inste a Ambulancias Rías Baixas a eliminar este número de tarifación especial iniciado en 902 e que habilite un gratuíto.

 

FACUA Galicia informou así mesmo aos consumidores que se vexan obrigados a chamar á empresa a través deste número de teléfono de que poderán reclamarlle á mesma o abono das cantidas que se lles cobrou.

 

A LEXISLACIÓN

O artigo 21 do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios recolle, xunto con outras leis complementarias, que "nos supostos servizos de carácter básico de interese xeral, as empresas prestadoras dos mesmos deberán dispoñer, en calquera caso, dun teléfono de atención ao consumidor gratuíto".

 

Segundo esta norma, considéranse "servizos de carácter básico de interese xeral os de subministración de auga, gas, electricidade, financeiros e de seguros, postais, transporte aéreo, ferroviario e por estrada, protección da saúde, saneamento e residuos, así como aqueles que legalmente se determinen".

 

O emprego de teléfonos de tarifación especial para a prestación dos servizos de atención ao cliente constitúe un obstáculo ao exercicio do dereito para reclamar por parte dos consumidores e usuarios.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE