Choiva torrencial en varias comarcas de toda Galicia por tormentas con centos de raios (vídeos)

As tormentas rexistradas no marco da onda de calor con temperaturas extremas que vive todo o país deixou miles de raios nas últimas horas na Comunidade galega, así como episodios de choivas torrenciais.


|

Na Ribeira Sacra e no seu capital Monforte hai numerosas inundacións e árbores caídas. As imaxes da evolución das nubes captadas por satélite son espectaculares.

 

FXpln1gVsAINv8
Nubes de tormenta sobre lugo nunha foto do Twitter de Fernando Castro

As tormentas rexistradas no marco da onda de calor con temperaturas extremas que vive todo o país deixou miles de raios nas últimas horas na Comunidade galega, así como episodios de choivas torrenciais.

 



En concreto, no seu perfil de Twitter, Meteogalicia informou de episodios de choiva torrencial sobre Ourense e tamén no sur de Lugo; aínda que as tormentas afectan a gran parte do territorio galego.

 



De feito, segundo as medicións do instituto meteorolóxico galego, nesta xornada e, de forma acusada nas últimas horas da tarde, rexistráronse ata o momento uns 4.553 raios.

 

f



Ás tormentas e episodios de choiva precedéronlle elevadas temperaturas, sendo a máis alta, de 44 graos, rexistrada na cidade de Ourense, que alcanzou un novo pico histórico.

Pero todo o territorio experimentou elevadas temperaturas, sendo aínda máis acusadas na provincia de Ourense, tamén a máis afectada polo momento os incendios.

 



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE