Falece un home en Soutomaior tras producir un incendio na súa vivenda
Unha persoa particular, a propietaria da vivenda, foi quen sobre as 4:30 da mañá chamou ao 112 para pedir axuda
Un home faleceu na madrugada deste sábado no municipio pontevedrés de Soutomaior tras producir un incendio na súa vivenda.
Segundo informou a central galega de emerxencias, o lume deu comezo nun cuarto da vivenda, que foi practicamente a única estancia da casa que resultou afectada e onde atoparon morto ao home.
Unha persoa particular, a propietaria da vivenda, foi quen sobre as 4:30 da mañá chamou ao 112 para pedir axuda. Esta mesma persoa indicou que ardía a casa situada na rúa Valmonte, en Arcade.
Os xestores do 112 informaron o Servizo de Urxencias Sanitarias, aos bombeiros do Baixo Miño, á Garda Civil, á Policía Nacional, aos Bombeiros de Pontevedra e aos membros do GES de Mos, así como a Protección Civil da localidade.
Unha vez no punto, os bombeiros de Protección Civil de Soutomaior informaron que o lume estaba apagado e que soamente afectara á estancia da casa onde se atopaba o home falecido.
Escribe o teu comentario