Pontón defende as listas continuistas do BNG: "O que funciona non se cambia"

A portavoz do BNG afirmou que os candidatos son "persoas preparadas e de todos os ámbitos", unha candidatura "diversa, plural e integrada, como a poboación galega".


|

LUGO PONTÓN DIPUTACIONES
LUGO PONTÓN DIPUTACIONES


O BNG celebrou este sábado a última reunión do Consello Nacional antes das eleccións, no que se aprobaron unhas listas continuistas nas que repiten a práctica totalidade de deputados que acompañaron na última lexislatura á líder nacionalista, Ana Pontón, que defendeu que "o que non funciona non se cambia".

Na súa intervención tras a celebración do órgano de dirección da formación frontista, Pontón subliñou que o Bloque conta con "as mellores candidaturas" para canalizar o voto do "cambio útil" e ofrecerlle a Galicia "a vitoria dun cambio necesario urxente e que é agora". Unhas candidaturas coas que, para a candidata á Presidencia da Xunta, o BNG "gaña impulso coas novas incorporacións" e, á súa vez, apostan polo "inmenso caudal da experiencia".

Segundo declarou Pontón nesta última reunión "o que funciona non se cambia" e a experiencia "é un gran valor e un gran activo para liderar o próximo goberno de Galicia". Ademais, afirmou que os candidatos son "persoas preparadas e de todos os ámbitos", unha candidatura "diversa, plural e integrada, como a poboación galega".

Por iso, Olalla Rodil, Noa Presas e Luís Bará renovan como cabezas de cartel en Lugo, Ourense e Pontevedra, respectivamente, mentres que na Coruña será Mercedes Queixas será o número dous na lista encabezada pola propia Pontón.

Así mesmo, a candidata á presidencia incidiu en que "este é o momento do BNG", o momento da "forza útil do cambio en Galicia, a esperanza e a ilusión para todas as persoas que queren abrir un novo tempo" e asegurou que se "deixarán a pel" para "ofrecer a vitoria" do cambio o 18F.

"BATALLITAS MADRILEÑAS"
Tamén recalcou que as eleccións "van de Galicia, non das batallitas madrileñas" e que é a oportunidade para que os galegos coloquen á comunidade "no lugar que lle corresponde" nun goberno liderado polo BNG tras 40 anos nos que o país tivo seis presidentes "todos homes e todos de forzas estatais, que non foron capaces de darlle a Galicia o lugar que lle corresponde".

Por iso, cre que "é o momento de apostar por algo diferente, por unha muller na Presidencia e unha forza libre de ataduras", para, deste xeito, darlle a Galicia un goberno "sen ataduras nin servilismos a Madrid".

Nesta liña, fixo un chamamento a "non perder votos do cambio" e lograr que confíen no Bloque para "derrotar ao Partido Popular" incluso aqueles que elixiron outras papeletas nas anteriores eleccións coa meta de que "Galicia poida avanzar fronte aos 14 anos de retrocesos do PP".

"É O MOMENTO DO BNG E O PP SÁBEO"
A candidata nacionalista ha declarado que "chegou o momento do BNG e o PP sábeo" e é por iso que "entrou directamente en pánico".

"Só así se explica unha xestión tan incompetente, chea de mentiras e irresponsable", engadiu en alusión á xestión da Xunta sobre a vertedura de pélets, na que, ao seu xuízo, replicaron " punto por punto o nefasto protocolo do Prestige".

Así, recomendoulle ao actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que "non menosprece a intelixencia dos galegos tentando tapar con mentiras e insultos a súa nefasta xestión do desastre ambiental". Pontón concluíu coa advertencia de que o que "prexudica á imaxe de Galicia é un goberno do Partido Popular sen rumbo, noqueado, superado polas circunstancias, incapaz de xestionar a crise e que deixou só ao sector do mar e do marisqueo".
 

RECONCILIACIÓN BNG-ANOVA 

A portavoz nacional e candidata do Bloque Nacionalista Galego á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, e o cofundador e actual coordinador nacional de Anova-Irmandande Nacionalista, Martiño Noriega, asinarán este domingo un acordo entre ambas as formacións políticas que, ao cabo, significa unha declaración de intencións para concentrar o voto na figura da actual máxima dirixente do Bloque. O documento ten como obxectivo poñer de "relevancia" o papel do soberanismo no momento político actual e supón o xesto definitivo da reconcialición nacionalista tras a traumática ruptura de 2012. 

 

Entón, o cofundador do BNG Xosé Manuel Beiras saíu, xunto aos 'irmandiños' entre os que se atopaba o seu 'fillo político' Martiño Noriega, para acabar lanzando un pacto á esquerda federal. O éxito electoral desta fórmula tras o 15M puxo en xaque, ao mesmo tempo, a formación que o propio Beiras contribuíra a levantar ao comezo da democracia e que levou por primeira vez a segunda forza política en Galicia a finais dos 90.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE