O xuíz imputa a Jácome por cobrar máis de 400.000 euros como alcalde compaxinando o cargo coa súa televisión

O maxistrado dá por concluída a instrución e abre a porta ao xuízo oral contra o rexedor de Ourense por un presunto delito continuado de prevaricación administrativa relacionado con Auria TV
 


|

Archivo - El alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, interviene durante un pleno en el Concello de Ourense
Arquivo - O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, intervén durante un pleno no Concello de Ourense

 

A xustiza ourensá dá un paso decisivo contra Gonzalo Pérez Jácome. O titular da Praza 1 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Ourense, o xuíz Leonardo Álvarez, ditou este martes o auto de pase a procedemento abreviado que imputa formalmente ao alcalde de Ourense un delito continuado de prevaricación administrativa. A resolución, datada a 14 de abril de 2026, dá por finalizada a instrución da causa e ordena dar traslado á Fiscalía e á acusación particular para a apertura de xuízo oral.

 

 

O núcleo do auto é claro: Jácome cobrou máis de 400.000 euros en concepto de dedicación exclusiva entre 2020 e novembro de 2025 sen solicitar en ningún momento ao pleno municipal a preceptiva autorización de compatibilidade para compaxinar o seu cargo de alcalde coa propiedade e xestión de Auria TV, a súa canle de televisión local privado. As cantidades percibidas ano a ano oscilaron entre os case 70.000 euros de 2020 e os máis de 77.000 de 2024.

 

Para o maxistrado, a obrigación de Jácome de someter esa compatibilidade a votación plenaria é "evidente" e non admite interpretacións. O xuíz subliña ademais o "estraño comportamento" do alcalde ao lembrar que chegou a presentar unha solicitude de compatibilidade ante o pleno, para despois retirala xusto cando estaba a piques de debater, o que, segundo o auto, fai pensar que o rexedor era consciente de que non lla ían a conceder.

 

 

O INFORME QUE O XUÍZ DESCARTA

O auto tamén rexeita de forma contundente o informe técnico que a defensa de Jácome achegou para tentar demostrar que non necesitaba pedir a compatibilidade. O maxistrado considérao carente de calquera valor probatorio porque o seu autor recoñeceu en sede xudicial que non analizou ningún tipo de documentación económica ou xurídica e que se limitou a reflectir o que o alcalde lle dixo de palabra.

 

 

O xuíz lembra que Jácome ignorou advertencias previas: o acordo plenario de decembro de 2021 que lle instaba a renunciar ao soldo por ser incompatible e o decreto da Fiscalía de maio de 2024 que alertaba da súa situación irregular. Álvarez conclúe que a conduta do rexedor encaixa en artigos recolleitos no Código Penal, ao tratar de omisións deliberadamente arbitrarias.

 

Archivo - El alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acompañado de su abogado y de la concejala de Dinamización y Política Social, Noa Rouco, a la salida del juzgado después de haber sido cita
Arquivo - O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, á saída do xulgado

 

Este caso enmárcase nunha longa traxectoria xudicial de Jácome vinculada a Auria TV. Cando declarou como investigado en febreiro, o alcalde sostivo que a súa actividade na televisión era "residual" e que non cría necesitar autorización do pleno. 

 

 

En setembro de 2025 xa tivera que declarar noutro procedemento relacionado co presunto desvío de recursos humanos e técnicos municipais cara a ese mesma canle privada.

 

O ALCALDE AÍNDA NON SE PRONUNCIOU

A denuncia orixinal que abriu a causa da incompatibilidade foi presentada por Telmo Ucha, exconcejal de Democracia Ourensá, a propia formación do alcalde. A acusación popular sostén que Jácome facturaba como autónomo á fronte de Auria TV mentres cobraba o soldo íntegro do Concello, chegando a recibir fondos do propio consistorio a través do partido.

 

 

Pérez Jácome non se pronunciou publicamente ao peche desta edición sobre o auto de imputación ditado este martes. En ocasións anteriores, o rexedor restou importancia aos procesos xudiciais abertos na súa contra e lembrou que outras causas similares foron arquivadas, pero a cada paso dado pola Xustiza parece que o líder de Democracia Ourensá está a quedarse máis e máis acurralado. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE