José Luís Ábalos sortea a prisión e mantén a súa acta como deputado
O Tribunal Supremo, que citou ao exministro a declarar este mércores, mantén en liberdade a José Luís Ábalos despois de que este se acollese ao seu dereito a non declarar no marco das investigacións polo 'Caso Koldo'. O maxistrado, Leopoldo Puente, si admite que existe un "crecente risco de fuga", pero non envía a Ábalos a prisión.
O exministro de Transportes sortea o cárcere, de momento, tras o demoledor informe da UCO e a crise polo ecándalo de corrupción do PSOE ao centro do debate parlamentario.
O documento revelou que Ábalos desembolsou 95.437,33 euros sen xustificación bancaria e gastou 20.799,40 euros en “gastos persoais” con cargo a unha fonte de ingresos non declarada.
Escribe o teu comentario