Ourense retira o meco de Entroido da Auriense que ridiculiza ao alcalde Gonzalo Pérez Jácome
A Agrupación Cultural Auriense, unha das máis activas de Ourense, denuncia que o Concello retirou un boneco satírico coa cara do alcalde. Os activistas o colgaran dunha árbore na Praza dos Suaves ao fío do Entroido. O "secuestro" é un acto de "censura" ao tradicional espírito crítico e burlón do entroido, critican.
O Concello de Ourense non respondeu por agora á protesta. Tampouco o fixo o alcalde Gonzalo Pérez Jácome. O "meco" levaba a cara do mandatario e caretas dos outros concelleiros do grupo de goberno de Democracia Ourensá. O mércores pola noite colgárono dun balcón onde está a asociación e despois na árbore na praza. Á mañá seguinte, operarios públicos retirárono.
"Celebrar un bo entroido non é cuestión de pór máis Dj's ca ninguén ou grandes orquestras. Ou Entroido é, ante todo, unha festa popular e ten as súas propias tradicións como é, neste caso, a colga do meco", argumentan desde a Auriense.
Precisamente, antes dunha das cuestionadas actuacións, a de Alavama ICE DJ, o político deu onte un "mini-pregón" de Entroido ataviado de Anibal Lecter, o famoso enfermo mental da película O silencio dos cordeiros. O público aclamouno.
OUTRA POLÉMICA
O programa oficial do Entroido de Ourense inclúe tamén un conclave de grupos carnavalescos de toda a provincia. Jácome acusou a "asociacións politizadas" de Xinzo e Verín de non responder á invitación coa que busca consolidar á cidade como "capital" desta festa, especialmente popular en toda a provincia e onde é moi frecuente ridiculizar a personaxes públicos.
Escribe o teu comentario