O TSXG resolve que a Xunta non pode suspender os contratos de substitutos durante as vacacións das gardarías

Os maxistrados dan a razón á CIG e reprochan que se incluíse esta cláusula que ven "nula" nos contratos de interinos


|

Archivo - Sede TSXG
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolveu que "non se axusta a dereito" a suspensión dos contratos laborais aos traballadores substitutos de escolas infantís públicas autonómicas canto estas pechan por períodos vacacionais.

Nun fallo emitido o pasado día 23 de xaneiro, pero que xa se volveu firme, o alto tribunal galego estimou "no esencial" unha demanda de conflito colectivo interposta polo sindicato #CIG contra o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

 

O proceso deu comezo en maio do pasado ano, a partir dunha demanda da central nacionalista para declarar nula unha cláusula incluída nos contratos de interinidade por parte do Executivo galego, que dicía que "en calquera caso" o vínculo co traballador quedaría "suspendido" durante o "período de peche da escola infantil".

 

Segundo indica a sentenza, trátase dunha medida que se incluía en todos os contratos de interinidade por substitución desde xuño de 2017, por decisión da xerencia do Consorcio de Igualdade e Benestar.

Durante o proceso, a Xunta alegou que non había tal nulidade nin discriminación entre fixos e interinos "porque son situacións diferentes a do substituto e a do substituído" e porque "o contratado foino de común acordo". Ademais, argumentaba o Consorcio que "nalgúns supostos" non se producía tal suspensión do contrato.

 

A Xunta alegou que non había tal nulidade nin discriminación entre fixos e interinos, xa que "son situacións diferentes a do substituto e a do substituído" e porque "o contratado foino de común acordo".

 

Os maxistrados cuestionaron "a legalidade" de incluír esta cláusula "de maneira masiva e individual" en todos os contratos, "que non cabe amparar en liberdade de pacto ao efectuar a dereito necesario, adhesiva e non consensuada polos traballadores".
 

INFORME DE INSPECCIÓN

Ademais, o #TSXG fai seus os argumentos dun escrito da Inspección de Traballo e Seguridade Social tras avaliar o caso dunha traballadora dunha escola infantil autonómica ao que se lle denegou a prestación por desemprego porque non se lle computou a súa suspensión do contrato durante o mess de agosto.

O #INSS, igual que o establece diversa normativa, concluíu que o modelo de contrato de interinidade "impide a terminación do contrato sempre que non se produza a reincorporación do traballador substituído".

Por todo iso, os maxistrados do #TSXG sinalaron que "non se axusta a dereito" a incorporación desta cláusula "en todos" os vínculos por substitución e que, do mesmo xeito, é "nulo" o feito de suspender as relacións laborais durante os períodos vacacionais das gardarías.

"As persoas traballadoras afectadas pola aplicación desa cláusula teñen dereito a manter activas as súas relacións laborais durante os períodos de peche por vacacións e festas escolares, sempre que ese réxime sexa o que se lle aplicaría á persoa traballadora substituída", resolveu o tribunal.

Tras coñecer esta sentenza, que xa adquiriu firmeza, a #CIG emitiu un comunicado no que celebra a súa vitoria neste conflito e afea á Administración autonómica que "castigase" á persoa substituto con "non cotizar, non cobrar e non ter acceso á prestación por desemprego durante o período vacacional".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE