Atendida unha muller en Chantada tras chocar contra unha árbore
O accidente ocorreu cando o vehículo circulaba pola LUP-1803, quilómetro 20, en Vilaúxe
Unha muller tivo que ser asistida este xoves despois de chocar co seu vehículo contra unha árbore no municipio lucense de Chantada.
Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi o que, ao redor das 11,15 horas, comunicou o accidente ao 112 Galicia.
Os profesionais sanitarios aseguraban que a persoa estaba totalmente liberada e accesible, pero, con todo, indicaban que o seu estado era grave.
O accidente ocorreu cando o vehículo circulaba pola LUP-1803, quilómetro 20, en Vilaúxe.
O 112 Galicia nada máis ter constancia do accidente pasou aviso aos Bombeiros de Chantada, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Escribe o teu comentario