Presentadas tres ofertas para executar as obras de acondicionamento e mellora da estrada LU-710

A través das obras deste contrato, a LU-710, unha vez acondicionada, contará cunha plataforma ampliada a sete metros de sección, sen incluír as cunetas, cun carril por sentido de tres metros cada un e beiravías de 0,5 metros.
 


|

Tres ofertas se presentan para ejecutar las obras de acondicionamiento y mejora de la carretera LU-710
 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu un total de tres ofertas de empresas para a execución das obras de acondicionamento e mellora da estrada autonómica LU-710, desde a intersección coa N-6 e até o enlace coa A-6, no concello de Baralla.

Esta intervención, licitada por máis de 2,3 millóns de euros, ten como obxectivo a mellora da seguridade viaria na contorna, a través do ensanche e mellora desta vía autonómica no tramo que conecta a N-6 e a A-6, nunha lonxitude de preto de 4,5 quilómetros.

A través das obras deste contrato, a LU-710, unha vez acondicionada, contará cunha plataforma ampliada a sete metros de sección, sen incluír as cunetas, cun carril por sentido de tres metros cada un e beiravías de 0,5 metros.

Ademais, melloraranse puntualmente o trazado con variantes para aumentar a visibilidade e a perceptividad en tramos concretos da estrada, o que implementará a seguridade viaria.

Tamén se prevé a remodelación da intersección coa N-6, cunha solución que canaliza, cun carril central de espera e cuñas de cambio de velocidade, os dous xiros á esquerda que actualmente se realizan de forma directa.

Finalmente, incorpóranse ao proxecto a achega prsentada ao proxecto inicial dun acceso solicitado desde a estrada LU-710.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE