O 'Día da Clase Obreira Galega' lembra en Ferrol a Amador Rey e Daniel Niebla

Á convocatoria do Concello sumáronse os sindicatos CC.OO., UGT, MAIS e USTG
 


|

Acto institucional ante el monumento al 10 de marzo.
 


Un ano máis o Concello de Ferrol realizou na mañá deste domingo un acto institucional para lembrar a Amador Rey e Daniel Niebla, dous extrabajadores da antiga Bazán, que faleceron o 10 de marzo de 1972 cando participaban nunha manifestación dos operarios do estaleiro e foron abatidos a tiros por axentes policiais.

Para lembralos, concentráronse na zona onde se produciu a acción lutuosa, no barrio de Recimil, lugar no que está situado o monumento ao 10 de marzo, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto con edís do seu goberno e do resto de grupos da oposición, ademais de representantes dos sindicatos CC.OO., UGT, MAIS e USTG.

O rexedor foi o encargado de dar lectura a un manifesto no que lembrou que a corporación municipal de Ferrol conmemora de maneira institucional o 'Día da Clase Obreira Galega' nesta data, que se acordou de maneira unánime polo Parlamento de Galicia en 1997.

"A ofrenda floral de hoxe facémola en memoria de Amador e Daniel, e tamén en recordo e recoñecemento de todos aqueles que onte, hoxe e mañá esfórzanse e traballan con honestidade para conseguir unha sociedade mellor, sen distincións de clase e a favor da igualdade de oportunidades", manifestou Rei Varela.

O alcalde da cidade tamén asegurou que "o 10 de marzo debe de ser tamén unha xornada de gratitude para todos aqueles que fixeron a súa achega para dotarnos dunha democracia baseada nas liberdades e nos dereitos". "E nós, como representantes públicos, temos a obrigación de defender e ofrecer", aseverou.

CREACIÓN DE EMPREGO
Así mesmo, Rey Varela detallou que unha das súas prioridades en Ferrol está "no desenvolvemento económico, na creación de emprego de calidade, nunha economía global", ademais de "apostar polo desenvolvemento tecnolóxico e non perder oportunidades a nivel internacional", detallando que nesta cidade saben "ben o que é perder oportunidades, a pesar de contar con todas as potencialidades".

Do mesmo xeito, sinalou que tamén saben "ben o que significa a reivindicación de dereitos e de oportunidades para a cidade", incidindo en que Ferrol ten "industria, coñecemento, posición xeográfica, recursos humanos de primeiro nivel e unha bagaxe naval como ningunha outra comarca do país". Por iso, asegurou que necesita "apoio do conxunto das administracións e unidades de acción, porque Ferrol non merece menos".

Acto seguido, levouse a cabo unha ofrenda floral na que participaron representantes políticos, sindicais e tamén cidadáns ante o monumento ao 10 de marzo.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE