Extinguen un incendio en Ferrol dun piso baleiro

Os bomeros confirmaron que o piso fora calcinado na súa totalidade e no interior da vivenda non había ningunha persoa


|

Camión de bomberos
Arquivo - Camión de bombeiros

Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Ferrol desprazáronse á parroquia de Serantes para sufocar un indencio que fora declarado nun piso.

 

O 112 rexistrou a alerta do incendio sobre as 12:30 horas da xornada de onte, venres. Segundo indicaron varias persoas particulares aos xestores da central de emerxencias, saía fume pola xanela dun piso e podía haber atrapadas persoas no interior.

 

Con estes datos, o 112 solicitou a intervención do 061, dos Bombeiros de Ferrol e dos axentes da Policía Nacional e Local.


Unha vez finalizada a intervención, os Bombeiros confirmaron que dentro do edificio non había ningunha persoa, indicando tamén que a vivenda ardera por completo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE