Novas gasolineiras low cost de Plenoil en Vigo e Carballo para compensar o fin da axuda aos combustibles

O grupo asegura que xa conta con 17 puntos de venda en Galicia. A desaparición da vixente axuda do Goberno aos combustibles posiblemente dispare aínda máis a afluencia a este tipo de establecementos.


|

Plenoil Vigo III
Nova Gasolineira de Plenoil en Vigo 

 

 

Isaac Albéniz s/n, no municipio de Carballo (A Coruña), e en Avenida Ricardo Mella núm. 220, na cidade de Vigo (Pontevedra). Estas son as direccións das dúas novas estacións de servizos de Plenoil en Galicia, segundo informa a empresa nun comunicado.

 

Ademais, a firma promete seguir expandir no país. En concreto, indica que haberá "novas aperturas" en San  Cibrao das Viñas (Ourense) e Vigo (Pontevedra), aínda que non concreta datas. 

 

Plenoil asegura que a OCU sinálaa como "a cadea de gasolineiras máis barata con maior presenza no territorio nacional"

 

Como o consegue? Como sucede en moitas gasolineiras low cost, nas gasolineiras Plenoil non hai persoal para servir o combustible, ero si "un  mecanismo de reposición intuitiva e sinxela, así como atención a pé de pista e sistemas de vixilancia 24 horas".

 

INCERTEZA PARA 2023

O prezo da gasolina caeu de forma notable desde o pico alcanzado a finais de xullo, cando tanto gasolina como gasóleo chegaron a superar os 2,1 euros por litro.

 

 

Con todo, existe o temor a un novo repunte dos combustibles co cambio de ano.  O Goberno de España acaba de anunciar este martes que medidas do plan anticrisis tras a guerra de Ucraína mantén para  2023.

 

Cumpriuse a previsión. A axuda ao combustible para o consumidor xeral desaparece. Só segue vixente para condutores profesionais e outros colectivos como pescadores, agricultores ou navieras. 

 

 

 

 

 

Por tanto, é probable que siga habendo moita xente que prefire ir a unha gasolineira low cost. Segundo Plenoil, case a metade dos galegos xa o fai.

 

Plenoil Carballo
Plenoil Carballo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE