A Confederación Hidrográfica nega falta de persoal na presa de Vilasouto e CSIF denuncia un cálculo "irreal"

Desde a Confederación Hidrográfica de Miño-Sil (CHMS) comunican a Galiciapress que a infraestrutura de categoría A ten persoal "suficiente para atender ás necesidades", en contraposición das reclamacións da Central Sindical Independente e de Funcionarios (#CSIF) que critican a presenscia dun único técnico na presa do Incio. 


|

Presa embalse
Foto de arquivo dun encoro

 

As denuncias da Central Sindical Independente e de Funcionarios (#CSIF) da falta de medios humanos na presa lucense de Vilasouto, no Incio, parecen non caer en saco roto ou, canto menos, obrigado á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ha saír ao paso ás súas denuncias tras a conversación con Galiciapress. Desde a entidade deron resposta ás cuestións remitidas por este diario a fin non só de ampliar a información relativa ao estado da presa e a súa dotación, senón de matizar "algunhas cuestións relevantes" tras a publicación da información no día de onte onde CSIF insistía en que un único técnico asume a alta carga de traballo nesta infraestrutura crítica.

 

 

NIN A ÚNICA NIN A DE MAIOR ENVERGADURA DO MIÑO-SIL

Sobre a súa categoría, desde a Conferderación recalcan que a de Vilasouto é de tipo A, pero "non é a única" da súa categoría "da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil". Así, enumeran as de Belesar, Portas, Santo Estevo, Castrelo de Miño ou Vos Peares, infrastructuras, remarcan, "de moita máis envergadura que o encoro de Vilasouto". 

 

"A clasificación en categorías A, B ou C dunha presa indica a gradación dos danos que poderían producir augas debaixo dela en caso de rotura ou funcionamento incorrecto non podendo identificar, en ningún caso, co estado de seguridade ou inseguridade en que estea a presa nun momento concreto", detallan, salientando que preto de dous de cada cinco presas en España, "e a práctica totalidade das existentes nas concas dos ríos Miño e Sil", son de tipo A. 

 

"A normativa obriga neste caso a un control moito máis exixente que no resto das presas, como a dispor de Normas de Explotación e Plans de Emerxencia, a realizar unha serie de revisións de seguridade periódicas, así como de verificar o seu axeitado comportamento a fin de garantir en todo momento o seu bo estado e seguridade", abundan desde a CHMS, un punto sobre o que tamén puxeron o seu acento desde CSIF. 

 

 

Nese sentido, a Confederación Hidrgráfica garante a existencia destas disposicións de caracter obrigatorio en Vilasouto, realizadas en 2023 e "con resultado favorable da Revisión Xeral de Seguridade que, obrigatoriamente, debe facer cada 5 anos, e anualmente elabórase un informe de comportamento que analiza o correcto funcionamento da obra civil e os órganos de desaugadoiro". A continuación, puntualizan que a presa conta cun "completo sistema de auscultación", do que se extraen datos cada 15 días que son sometidos á análise e rexistro de técnicos e enxeñeiros para supervisar o correcto funcionamento e estado do enclave. Nos máis de 60 anos desde a súa posta en marcha, aseveran, non se reportaron indicios de risco ou inestabilidade na presa.

 

DUN PERSOAL "SUFICIENTE" A UN CÁLCULO "IRREAL"

Sabendo que a nivel estrutural a presa non presenta ningunha deficiencia, o tema que ocupa ao sindicato é a falta de técnicos. Desde a CHMS contradin a CSIF e aseguran que en Vilasouto "hai dous técnicos permanentemente na presa" e que os dous son "oficiais" e atópanse "a tempo completo", desdiciendo así a denuncia do sindicato que, doutra banda, xa advertía da "trampa" nas contas que viñan facendo desde o ministerio: "Non é un cálculo real e así o trasladamos. Son persoas que nin sequera aparecen nas normas de explotación da presa e contan o posto vacante coma se estivese cuberto. O posto vacante é un posto vacante, non é un posto cuberto".

 

 

Tamén desde a Confederación Hidrográfica mecinan a "dúas persoas encargadas da vixilancia da presa fóra da xornada ordinaria de traballo, con complementos de turnicidad e traballo en fin de semana". CSIF tamén advertiu que, a maiores do único técnico que, aseguran, asume a maioría das funcións do encoro, hai dous operarios con funcións de carácter administrativo e que se encargan tamén de "labores de vixilancia nocturna", coa dúbida de si esas funcións son propias da súa categoría. 

 

En calquera caso, desde a CHMS declaran que son catro as persoas que contan cunha dedicación exclusiva na presa de Vilasouto e que, a maiores, contan con "un enxeñeiro e o encargado xeral compártense coas dúas presas de Ponferrada". "Este equipo considérase suficiente para atender ás necesidades derivadas das presas encomendadas a este organismo", resolven.

 

Encoro vilasouto @g24noticias
Encoro de Vilasouto | Foto: @g24noticias

 

UN INVERNO NORMAL?

O conflito sobre este baile de números en canto ao persoal do persoal vai máis aló e a Confederación Hidrográfica di non ter constancia das "dificultades" existentes no encoro pola falta de persoal. "Nin este ano nin os anteriores existiu ningunha circunstancia que poida pór en risco, se sequera de forma remota, a seguridade da presa. O nivel alcanzado estes días que supera o 90% non é para nada infrecuente nas mesmas datas no caso de anos húmidos como puideron ser 2009 (91,05%); 2014 (96,77%); ou 2025 (89,19%)", declaran, testemuñando, "sen ningunha dúbida", que "a situación de persoal no encoro de Vilasouto é a mellor dos últimos anos, polo menos desde que existe a CHMS, tanto no que se refire a cualificación do persoal como a número de persoas dedicadas á presa".

 

 

"Tamén se afirma que aínda que esta infraestrutura construída a finais dos anos 60 parece ir superando todos os exames aos que é sometida de maneira periódica pola Confederación Hidrográfica nas súas auditorías de seguridade, desde CSIF puntualizan que non coñecen o contido dos informes sobre o estado actual do encoro. Indicar que non consta que estes informes sexan solicitados; en calquera caso terían que facelo ao MITECO, ou tambien desde o Portal de Transparencia se así o estiman", inciden desde a CHMS, onde tamén subliñan que 2026 está a ser "un ano de total normalidade" no que non foi preciso "incrementar os controis habituais" a pesar da cantidade de choiva recollida nos máis de 50 días que van de ano e que falan dun inverno anormalmente chuvioso. 

 

 

2 MILLÓNS EN INVESTIMENTOS EN 8 ANOS

Ante todo isto, desde a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil conclúen que o nivel en Vilasouto "está controlado" por distintos calanes e que os seus valores son "normais para a época do ano na que nos atopamos" sen que iso supoña un risco e sen que se notificaron "problemas de inundacións e moito menos danos augas abaixo".

 

"En épocas de crecidas, tanto o nivel como as achegas esperadas son verificadas de maneira diaria polo enxeñeiro encargado, incluíndo os fins de semana cando é necesario, a fin de planificar posibles desembalses preventivos. Todo iso co obxectivo de garantir a seguridade da infraestrutura e a poboación e os bens existentes augas abaixo", engaden sobre sobre esta presa na que se investiron 2 millóns de euros nos últimos 8 anos, onde a dotación de medios "é perfectamente suficiente" e que se atopa en "moi bo estado" cuns órganos de desaugadoiro "perfectamente renovados"
 

Presa vilasouto 1770984777
Presa de Vilasouto | Foto: CSIF

 

"Vilasouto non se atopa clasificada como infraestrutura crítica", apostilan, reafirmando que "en calquera caso, está previsto continuar co programa de investimentos que está en marcha, e que inclúe entre os seus próximos pasos a automatización do sistema de auscultación e a dotación de sistemas de seguridade e cobertura móbil mediante sinal wifi no interior das súas galerías". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE