A eurodiputada Ana Miranda anuncia a presentación dunha denuncia contra a instalación de Altri

A eurodiputada nacionalista denunciará este proxecto ante a Comisión de Peticións da Eurocámara por incumprimento da normativa europea


|

El BNG llevará al Parlamento Europeo una denuncia contra la instalación de Altri
 

A eurodiputada nacionalista, Ana Miranda, anunciou a presentación dunha denuncia contra a instalación de Altri á Comisión de Peticións da Eurocámara por incumprimento da normativa europea.

Esta decisión enmárcase na campaña que leva a cabo o BNG contra a instalación da fábrica de celulosa e de fibras téxtiles/téxtís da empresa Altri en Palas de Rei.

Así, Miranda trasladou á Comisión Europea que este posible incumprimento da normativa comunitaria -- en concreto o artigo 17 do Regulamento (#UE) 2020/852 -- por parte Altri a través dunha pregunta parlamentaria.

"Queremos saber se este proxecto incumpre a normativa europea, porque non podemos consentir que se concedan fondos europeos a un complexo que pon en serio perigo a biodiversidade e o sector agrogandeiro de varias comarcas", sinalou Miranda no transcurso dunha visita que realizou á 'zona 0' da instalación deste proxecto xunto con alcaldes e concelleiros do BNG dos concellos afectados.

Na pregunta, a eurodiputada do Bloque explica ademais que este proxecto está a xerar "gran preocupación en Galicia debido ao seu posible impacto ambiental e socioeconómico".

Sinala que a construción deste complexo está supeditado á recepción de axudas públicas dos fondos Next Generation, a través dos Perte, "que xa foi rexeitado en 2023, na convocatoria do Perte de descarbonización industrial por incumprir a normativa europea, pero a compañía segue optando a próximas convocatorias destes fondos de recuperación europeos".

"O elevado consumo de enerxía e auga; a posible contaminación no río Ulla e na Ría de Arousa; así como a dependencia da madeira de eucalipto e a perda de biodiversidade, son algúns dos aspectos que deberan ser considerados na avaliación medioambiental no caso de que este proxecto concorra a fondos europeos", destacou Ana Miranda ao respecto da tramitación do proxecto.

Doutra banda, a eurodiputada nacionalista tamén presentou outra pregunta á Comisión Europea na que informa de que a falta de ampliación da Rede Natura pode posibilitar instalacións dun proxecto da empresa Greenfiber, en concreto unha macrocelulosa nunha dos lindes do ZEC ES11/0014 na Serra do Careón.

"A Rede Natura hai anos que debería ser ampliada e ao non facelo, o Goberno galego vulnerou as reiteradas advertencias europeas que a Comisión formulou desde 2011 para que a Xunta ampliase este espazo protexido", afirmou Ana Miranda.

A este respecto, a eurodiputada nacionalista ha acusado á Xunta de usar a ausencia de protección para promover proxectos "que atentan contra o medio ambiente e incumpren a normativa europea".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE