Os investidores de Gestagua despiden á cúpula directiva tras un presunto caso de espionaxe industrial e outro de falsidade documental

 Os investidores internacionais de Gestagua forzaron o cesamento de executivos da compañía en España xusto despois de facer pú blico a denuncia dunha presunta fraude documental ao sindicato UXT

 

 


|

Gestaguadireccion

Nota redacción: Noticia actualizada o 22/03/24 ás 11:42h.

 

O Grupo Saur, controlado por EQT , PGGM e CVC executaron "cambios no equipo de dirección en España" da provedora de auga Gestauga que opera en Galicia. 

 

Isto coincidiu no tempo con ser acusados dous traballadores de Gestagua, entre outras cousas, dun presunto caso de "espionaxe industrial" do que informou Galiciapress en marzo do 2023 ao que se engadiu unha grave denuncia de presunta falsidade documental de UXT a nivel estatatal.

 

UN CASO DE ESPIONAXE INDUSTRIAL SEGUIDO DOUTRO CASO DE FALSIDADE DOCUMENTAL A UN SINDICATO ESTATAL EN MENOS DUN ANO

 

En marzo do 2023 o escándalo salto á palestra pública porque presuntamente dous traballadores de Gestagua estaban a ser investigados por descubrimento e revelación de segredos empresariais, é dicir, un presunto caso de espionaxe industrial. 

 

Un xulgado de Santiago investiga aínda a estes dous aínda traballadores de GESTAGUA por un presunto caso de espionaxe industrial

 

A investigación céntrase en corroborar que as dúas persoas que formarían parte do persoal de Gestagua incorrerían presuntamente nun delito continuado de tipo agravado de descubrimento e revelación de segredos de empresa segundo o artigo 278.2 e seguintes do código penal, que poden levar  penas de até 5 anos de prisión. 

 

En declaracións a Galiciapress Rogerio Koehn até o momento Director Xeneral da empresa confirmou a súa saída da dirección pero a desvinculou completamente desta denuncia que afirma "non foi contra a compañía nin contra a miña persoa" e a circunscrito ao ámbito da  situación de "estas dúas persoas e só a elas a nivel particular".

 

Ademais nin un ano despois en febreiro deste 2024 segundo puido confirmar Galiciapress polo propio responsable da Federación de Industria, Construción e Agro de UXT Estatal, Gustavo Vargas, Secretario do Sector de Enerxía e Auga o sindicato denunciou a Gestagua por presuntamente rexistrar o Plan de Igualdade da empresa que incluía a firma do propio sindicato sen o seu consentimento e sen que o texto sequera negociouse previamente. 

 

Algo que desde o propio sindicato cualifican de "grave" dado que a firma en palabras do seu lexítimo representante "non sairía das mans de ningún representante do sindicato" e xa se puxo en mans segundo eles mesmos confirmaron "do organismo competente para que o investigue"

 

#UXT FICA denuncia unha posible irregularidade na firma do Plan de Igualdade de Gestagua

Neste sentido Koehn mostrou en declaracións ao noso medio "un absoluto respecto polo traballo que realiza a UXT" aínda que manifestou a Galiciapress descoñecer "cal o fondo deste asunto" ao estar desvinculado xa de Gestagua  e "non estar vinculado de ningún modo" segundo el mesmo "a este asunto". 

 

Cambios fulminantes na cúpula directiva


Galiciapress púxose en contacto con Gestagua quen manifestou o seguinte: "unha das prioridades do Grupo Saur, propietario de Gestagua, é asegurar constantemente a alta calidade e os estándar nas súas operacións a nivel mundial. Por iso, o grupo segue adoptando decisións estratéxicas importantes, incluídos, entre outros, os recentes cambios no equipo de dirección en España. Esta decisión está totalmente aliñada coa estratexia global e ofrece unha oportunidade para reforzar a posición do Grupo Saur no mercado español, que aspira a converter nunha das compañías líderes na xestión da auga no país e nun partner estratéxico para a transición hídrica. Na actualidade, a compañía presta servizos esenciais de subministración de auga e tratamento de augas residuais a máis dun millón de persoas en máis de 60 cidades españolas".

 

Pero parece ser segundo filtrouse entre as áreas afectadas polos despedimentos ha caido a dirección xeral que encabezaba o CEO, Rogério Koehn, confirmado polo propio protagonista a este medio e que foi substituído no seu cargo por Jose  María Argüelles.

 

Ademais é posible así que decaia o departamento xurídico dirixido por Julio Acinas e a área de Compliance da compañía, aínda que outras medidas internas disciplinarias poden suceder á espera da confirmación oficial da propia compañía.

 

De feito é posible que os propietarios nestes momentos estean a entrevistar aos posibles substitutos dos executivos sinalados dada a gravidade dos últimos acontecementos acontecidos en menos dun ano vinculados ao presunto proceder dentro da compañía e cuxa investigacións están abertas en procura das diferentes responsabilidades.

 

As curiosas “fichaxes estrela” do fondo EQT para o seu caza de contratos en Galicia

 

A compañía presta na actualidade servizos esenciais de subministración de auga e tratamento de augas residuais a algo máis dun millón de persoas en máis de 60 cidades españolas. En España emprega a preto dun milleiro de empregados e factura algo máis de 100 millóns de euros ao ano.

 

A matriz Saur emerxeu en 2021 como o terceiro maior operador de auga da Península, por detrás das líderes Augas de Barcelona (Agbar) e FCC Aqualia, ao comprar a portuguesa Aquapor e sumar así uns 250 millóns de facturación anual entre España e Portugal. En 2023, EQT vendeu un 50% de Saur ao consorcio de investidores neerlandeses PGGM e DIF Capital Partners (este último foi logo adquirido por CVC).

 

Estas graves acusacións que caen encima de Gestagua, no medio da presentación da empresa nalgunhas licitacións, onde deben presentar en regra o seu propio plan de igualdade, deberán depurar interna e externamente en base ao propio compromiso adquirido de loita contra a corrupción á que todos os seus empregados estan vinculados.

 

Seguiremos informando...

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE