CRTVG, Froiz e Pescanova son algúns de viólanos a lei sobre rexistro do soldo das mulleres, denuncia CIG

O rexistro salarial é un documento obrigatorio en España que deben levar todas as empresas, independentemente do seu tamaño. Neste documento, as empresas deben rexistrar a retribución dos seus empregados, desglosada por sexo, posto de traballo, nivel profesional e antigüidade. A CIG, o sindicato con máis representantes en Galicia, denuncia que son numerosas as empresas de todos os ámbitos que non aplican esta medida, que ten como obxectivo combater a desigualdade salarial entre homes e mulleres. 

 


|

A brecha salarial en España é unha das máis altas da Unión Europea, e o rexistro salarial é unha ferramenta que pode axudar a identificar e corrixir as causas desta desigualdade.

 

O rexistro salarial desglosa a retribución por sexo, posto de traballo, nivel profesional e antigüidade. Isto permite ás empresas identificar as diferenzas salariais que existen entre homes e mulleres, mesmo se estas diferenzas son sutís.

 

Unha vez identificadas as diferenzas salariais, as empresas poden empezar a analizar as causas que as provocan. Estas causas poden ser diversas, como a discriminación directa ou indirecta, a segregación ocupacional ou a falta de conciliación da vida laboral e familiar.

 

 Coñecidas causas das diferenzas salariais, as empresas poden empezar a tomar medidas para corrixilas. Estas medidas poden incluír a formación, a sensibilización e a modificación das políticas de recursos humanos.

 

Concentraciu00f3n de la CIG frente la Inspecciu00f3n de Trabajo en Vigo en una foto del sindicato
Concentración da CIG fronte a Inspección de Traballo en Ourense nunha foto do sindicato

 

Grandes empresas como Finsa,  Pescanova, Banco Santander, BBVA ou Sociedade Téxtil Lonia; compañías galegas de tamaño notable como Froiz, Servigami, Villalón, Viña Costeira, Ralotráns, Innolact , Samaín, Sodexo, GTT ou Inelcom e mesmo concellos como os de Sada, Coristanco, A Coruña, Cerceda, Corcubión, Carballo, Camariñas, Cambre, Betanzos, Bergondo, Arteixo ou Santa Comba. Todas elas están entre as compañías que non están a cumprir a obrigación legal de levar un rexistro de salarios que permita combater a brecha de xénero. Así o denunciou onte o sindicato con máis delegados no país, a CIG, mediante concentracións fronte as catro sedes provinciais da Inspección de Traballo, que é o ente público que debería controlar a aplicación desta norma.

 

A central asegura que remitiu máis de 90 denuncias remitidas á Inspección. Por exemplo, en Vigo din presentar aproximadamente cincuenta denuncias de empresas que non elaboraron o rexistro retributivo. Unha das sinaladas é a automotriz COPO Galicia (Mos), onde a CIG di que traballadoras perciben un salario basee uns 6000 euros inferior.

 

O problema afecto tamén a algunhas entidades que traballan no campo dos servizos sociais, din, como a Fundación Irmáns Prieto do Asilo do Carballiño e a Fundación Diagrama.

 

IMPACTO NAS PENSIÓNS

Sgún datos da Axencia Tributaria, en Galicia a diferenza entre os soldos dos homes e as mulleres roldaba o 19%, de maneira que as traballadoras galegas reciben en media polo seu labor 4.238 euros anuais menos que os seus colegas. 

 

Esta disparidade amplíase a medida que avanza a idade e ao chegar o momento da xubilación xa supera o 34%,. A CIG estima que a consecuencia é que as mulleres reciben de pensión 400 euros menos ao mes, de media.

 

Concentraciu00f3n de la CIG frente la Inspecciu00f3n de Trabajo en Ourense en una foto del sindicato
Poresta da CIG fronte a Inspección de Traballo en Ourense nunha foto do sindicato

 

A secretaria de Mulleres da CIG, Nicolasa Castro, argumenta que a disparidade salarial é un reflexo da menor valoración que esta sociedade lles outorga por ser mulleres, dificultando a súa liberdade económica.

 

As mobilizacións de onte tamén buscan criticar a suposta falta de compromiso da Inspección de Traballo en garantir o cumprimento da normativa.  Castro entende que tanto as empresas como  as administracións son responsables de  acabar coa disparidade salarial

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE