Galicia: a comunidade autónoma que adxudica máis contratos públicos "a dedo"

Trátase dun 34,73% de contratos adxudicados de maneira directa, fronte a tan só un 42,10% adxudicados en modalidade aberta


|

Contratos menores
Galicia é a comunidade que menos contratos abertos adxudica, fronte á modalidade dos contratos directos, a maioritaria

Segundo datos do Ministerio de Facenda e Función Pública, a comunidade de Galicia é a que máis contratos públicos directos adxudica de toda España. Concretamente, trátase dun 34,73% de contratos adxudicados por esta vía, fronte a tan só un 42,10% adxudicados en modalidade aberta.

 

Segundo denunciou o deputado socialista no Parlamento de Galicia Pablo Arangüena, "case 5 de cada 10 euros da contratación da administración autonómica adxudícanse directamente a dedo". Trátase dos contratos menores, un tipo de contratos que a lexislación tipifica como excepcionais, que supoñen unha contratación por un valor inferior a 40.000 euros, no caso dos contratos de obras, ou de 15.000 euros no caso dos de servizos. Trátase pois de contratos que se asinan 'a dedo', e dos que algunhas administracións abusan a través da fragmentación de contratos.

 

O deputado lembrou outras comunidades na modalidade de contratos abertos é moito maior que en Galicia , como é o caso de Madrid ou Andalucía, outras comunidades, lembra, "tamén gobernadas polo Partido Popular". Outras comunidades, como Navarra, País Vasco ou Aragón tamén teñen este tipo de contrato como o maioritario, con cifras do 92,4%, o 84% e o 86,4%. Galicia atópase á cola na modalidade de contrato aberto e aberto simplificado.

 

Arangüna denunciou que isto é "unha porta aberta á corrupción" e "unha invitación á corrupción". O socilista pediu así, na súa recente intervención no Pleno do Parlamento de Galicia, que se realicen, unha proposta para "normalizar e adaptar a legalidade do sistema de contratación". Isto permitiría, como sucede noutras comunidades autónomas, realizar unha avaliación das contratacións.

 

O deputado aproveitou tamén para cargar contra Baltar, quen, denuncia "bate o record de España en contratación a dedo", asegurando que se trata do 80% dos contratos. Pediu ademais a súa dimisión polo seu recente delito de tráfico, polo que tamén "bate record de velocidade", apostilou.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE