A recollida de pneumáticos en Galicia regista a súa cifra máis alta, con 22.367 toneladas retiradas en 2021
O 11,5% dos pneumáticos recolleitos foi enviado á preparación para a súa reutilización e posterior venda de ocasión como recauchutado.
A recollida de pneumáticos fóra de uso en Galicia rexistrou a súa cifra máis alta, con 22.367 toneladas retiradas en 2021, 13 puntos máis do previsto no obxectivo establecido pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
A Xunta de Galicia sinalou nun comunicado que no que respecta ao tratamento dos pneumáticos recolleitos nos 2.921 puntos de xeración, 15.022 toneladas, o 67,16% foron enviadas a reciclaxe e valorización material.
Galicia supera con este dato o obxectivo estatal de destinar como mínimo o 45% destes residuos á fabricación de produtos para distintos usos como pavimentos deportivos, solo de seguridade e recheo de campos de herba artificial, entre outros.
Finalmente, o 11,5% de do total recolleito, unhas 2.573 toneladas, foi enviado á preparación para a súa reutilización e posterior venda de ocasión como recauchutado.
Os xestores autorizados SIGNUS e TNU na comunidade retiraron 8.604 toneladas na Coruña, 3.213 en Lugo , 6.435 en Ourense e 4.115 en Pontevedra .
Escribe o teu comentario