Escotet busca comprar Targobank tras adquirir outros seis bancos grazas ao gran rédito que está a sacar de ABANCA

Os pingües beneficios que está a sacar Escotet da entidade produto das rescatadas e despois malvendidas caixas de aforros de Galicia están a alimentar unha agresiva política de expansión do banqueiro venezolano dono de Banesco.


|

O suramericano converteuse en pouco tempo no quito home máis rico de España grazas aos beneficios que está a sacar dos restos das nacionalizadas Caixanova e Caixa Galicia.

 

A compra de Targobank pon en perigo decenas de empregos nas oficinas de Santiago, Vigo e A Coruña; especialmente tendo en conta a política de peche de sucursais que leva anos executando a marca española do grupo Banesco.

 

TargoBank  é filial da gala Crédit Mutuel Alliance Fédérale. Creado en 1993 baixo o nome de Banco Popular Hipotecario S.A.  desde 2010 o seu nome oficial é Crédito Mutuel: TargoBank SAU.

 

Escotet
Escotet

 

Juan Carlos Escotet segue de compras grazas, en gran medida, aos excelentes resultandos que está a obter ABANCA. Hoxe a súa marca en España anunciou que está a negociar con BFCM (Banque Fédérative du Crédit Mutuel) a compra de Targo Bank España.

 

Esta sería a súa sexta adquisición nos últimos anos. Comprou o Banco Etcheverría en 2014;  tres anos máis tardes absorbeu os Popular Servizos Financeiros (parte do Banco Popular que absorbera á súa vez ao defenestrado Banco Pastor). Hai tres anos fíxose co negocio español do alemán Deutsche Bank, Deutsche Bank PCB. En 2020 sucedeu o mesmo co luso Caixa Geral de Depositos, o Banco Caixa Geral. En 2021 foi a quenda do vasco Bankoa e o ano pasado o pequeno Novo Banco.

 

Todas estas compras están a producirse nunha contorna de negocio moi complicado para os banqueiros. Os bajísimos tipos de interese que dominaban até este ano o mercado internacional provocou que a rendibilidade dos bancos afundísese, aínda que non todos están a sufrir en igual medida.

 

A inmensa maioría reaccionaron subindo comisións e pechando oficinas. ABANCA foi un dos que máis apertado o cinto aos seus clientes. Son numerosas as queixas polas elevadas comisións de mantemento nas súas sucursais. Ademais, os que reclaman afán gañar nas súas queixas ante Consumo.

 

Abanca parte coa vantaxe no rural galego a miúdo é a única opción, sobre todo para as persoas maiores, que sofren menor mobilidade. Ademais, o dono de Banesco executou un durísimo plan de peche de oficinas en vilas e barrios que se levou por diante ducias de sucursais, incluso deixando municipios sen ningún banco. A Xunta subvencionoulle a instalación de caixeiros automáticos rurais.

 

O recorte de gastos e aumento de ingresos permitiulle presentar uns resultados magníficos. O home de negocios de Venezuela pagou ao Estado 1.008 millóns por quedar cos restos do naufraxio das caixas . Desde entón, o beneficio neto  é de 3.099. É dicir,   acumula un beneficio aproximado de máis   de 2.000 millóns  desde a privatización dunhas entidades que recibiran pouco antes máis de 10.000 millóns de fondos públicos.  

 

 

 

 

Só no tres primeiros trimestres do ano a ABANCA  conseguiu un resultado neto de 148,8 millóns. A maioría acaba indo para o peto de Escotet, que ten máis do 80% do accionariado. Isto permitiulle converter rapidamente nun dos máis ricos de España sen nisiquiera ter que pór ABANCA a cotizar en bolsa. Escotet é o quinto máis rico en España, segundo Forbes.

 

 

 

 

A posible adquisición de Targobank serviríalle para profundar na expansión da súa rede de oficinas por outros lugares afastados de Galicia. E é que a maioría dos 150.000 clientes de Targobank España están en Madrid,  Andalucía, Cataluña  e Baleares.

 

O propio Escotet di que a adquisición consolidaría a presenza de Abanca en toda a Península, sobre todo ao reforzar significativamente as súas operacións no arco mediterráneo.

 

MÁIS CLAUSURAS DE OFICINAS EN GALICIA

Está por ver que pasaría coas catro sucursais que Targobank España mantén en Galicia pero as perspectivas non son nada boas. Segundo datos publicados pola propia entidade, Targobank ten abertas catro oficinas en Galicia.

 

En concreto, opera unha no centro de Santiago de Compostela (Xeral Pardiñas), outra na Coruña (Juana de la Vega) e dúas en Vigo , unha para particulares e outra para empresas, ambas as no mesmo domicilio da rúa Cánovas do Castelo. Tamén tivo unha en en  a Avenida de Santiago en Ourense..

 

Oficina de Targobank en Cu00e1novas del Castillo cerca del Puerto de Vigo en una imagen de Google Street View
Oficina de Targobank en Cánovas do Castelo cerca do Porto de Vigo nunha imaxe de Google Street View

 

O anuncio realizado hoxe por ABANCA non implica que o negocio vaia saír adiante.  A propia entidade apunta a que un hipotético acordo debe ser revisado polas autoridades de Francia, domicilio da matriz de Targobank España. De pechar, será, loxicamente, en 2023. 

 

Dado o tamaño que ido tomando ABANCA, a nova compra é relevante pero non desproporcionada. Suporía crecer un 5,2 por cento en volume de negocio e en torno ao 7% en volume de créditos.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE