Desacelera o crecemento da economía galega pero aínda así hai unha alza anual do 2,5% do PIB
O comercio, transporte e hostalaría están a tirar da creación de emprego, onde hai un importante aumento dos contratos indefinidos, en parte grazas á reforma laboral.
A taxa de variación interanual e trimestral indica un enfriamento notable da melloría económica. Unicamente as exportacións de bens e servizos continúan acelerando.
O produto interior bruto (#PIB) de Galicia mantívose sen variación no terceiro trimestre en relación ao trimestre anterior, pero rexistra un aumento anual do 2,5%, segundo a contabilidade da comunidade que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (#IGE).
DESACELERACIÓN
Nos dous anteriores trimestres, o PIB galego anotouse incrementos anuais superiores, do 5,1% no primeiro e do 5,2% no segundo. Mentres, a variación intertrimestral tamén fora superior (+0,6% e +1,3%, respectivamente).
Desde o punto de vista da demanda, neste terceiro trimestre, en variación anual, as exportacións de bens e servizos aumentaron un 8,1% a formación bruta de capital creceu un 0,5%. Con todo, baixou un 6,7% o gasto das administracións públicas e un 1,2% o dos fogares. En variación mensual baixan todas as variables, excepto as exportacións (+0,5%).
No que respecta á oferta, anualmente, os servizos creceron un 4,8%, cun maior incremento no apartado de comercio, transporte e hostalería (+12%); e a construción un 0,6%.
CRECE O EMPREGO
A Consellería de Facenda destaca que o emprego creceu un 1,2% até finais de setembro, de modo que se crearon máis de 11.800 postos de traballo a tempo completo.
Por ramas de actividade, o emprego creceu un 1,5% no sector da construción, un 1,4% no da industria e un 1,2% en servizos, cun incremento do 3,1% en comercio, transporte e hostalaría.
Escribe o teu comentario