A decisión errónea de Pablo Insua: de soar para o Deportivo da Coruña a ocupar o faroliño vermello

O central galego puido aterrar en Riazor este verán, pero terminou fichando por un Real Zaragoza que ocupa a última posición.


|

G11 LRFW8AAemCs
Foto: Real Zaragoza

 

Despois dun mal ano en Granada, onde chegou coa bitola de titular despois de dous anos a gran nivel en Xixón e que acabou relegado á última opción na zaga, Pablo Insua fixo as maletas este verán. O de Arzúa, un futbolista máis que contrastado en Segunda, tiña un abanico de opcións onde elixir, e mesmo se rumoreou coa posibilidade dun regreso a Riazor, de onde saíu rumbo a Alemaña feito xa todo un central de garantías. Nunca saberemos canto de verdade e canto de fantasía puido haber en agosto, pero o certo é que Insua acabou nun voo a Zaragoza, onde agora vive un calvario.

 

 

UN RESULTADO NADA DESEXADO

O Real Zaragoza é último na clasificación e en nove xornadas só foi capaz de lograr unha víctoria, pola mínima e ante o Mirandés. Desde a súa chegada, o galego disputou seis de sete partidos posibles, completando os 90 minutos en todos eles. Tres empates, dúas derrotas e o mencionado triunfo contra os burgaleses. O seu desempeño foi positivo, pero a realidade é que o resto do equipo é un desastre. 

 

Aínda que Insua é do pouco salvable, neste arranque de curso, o mal desempeño dos maños no seu conxunto arrastraron ao defensa, como tamén arrastraron a Gabi, o cuarto adestrador cesado na categoría en só nove xornadas. Unha lenda do club aragonés como o excentrocampista foi incapaz de reanimar ao equipo, a pesar de que o ano pasado conquistou a permanencia na súa primeira experiencia nos bancos do fútbol profesional. 

 

Pablo Insua, golpeando un balón en el encuentro ante el CD Mirandés.
Foto: Real Zaragoza

 

O resultado no defensivo é nefasto: doce goles en contra. Non é o equipo que máis debe mellorar nesa faceta, pois o Racing de Santander, por exemplo, encaixou 16 goles e marcha terceiro na liga, pero con só seis goles a favor os blanquillos son o conxunto coa pólvora máis mollada de toda a división de prata, onde ocupan o faroliño vermello da clasificación. 

 

 

Á vista está que Pablo Insua elixiu a peor opción no deportivo. Cando quedou libre do seu contrato cos granadinos, na Coruña buscaban defensas tras renovar por completo o eixo da súa zaga coas saídas dos Pablos, Vázquez e Martínez. Chegaron xogadores como Loureiro ou Comas, pero a lesión de Ximo Navarro, fundamental este tres últimos anos, deixou un importante buxán na retagarda. Queda por ver en que condicións volverá un futbolista de 35 anos tras outra dura lesión.  

 

 

Un oco que podería cubrir Insua se se presenta a oportunidade de regresar á cidade herculina en xaneiro nunha operación que podería resultar beneficiosa para ambos: Insua cambia un equipo á deriva por un con aspiracións a ascender e o Dépor suma un defensor de nivel para completar a liña defensiva. De novo, canto pode deber realidade ou fantasía nesta proposta? Haberá que esperar a 2026, pero creo que o xogador galego non llo pensaría outra vez se tivese ocasión. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE