Yulenmis I de España! A lanzadora estará en París 2024 tras lograr a nacionalidade

A atleta, que se prepara en Galicia para a cita de París, xurará a Constitución nos próximos días.


|

Yulenmis aguilar 64 metros
Yulenmis Aguilar

 

É a mellor no seu, pero a burocracia apartáraa das grandes citas con España...até agora. Anos de adestramento en Galicia, onde se prepara baixo a atenta mirada de Raymundo Fernández, esperando por unha nacionalidade que non chegaba. Finalmente, foi por carta de natureza que o Goberno de España concedeulle a nacionalidade a Yulenmis Aguilar, que por fin poderá lanzar baixo a bandeira de España. 

 

"Eu vou aos Xogos Olímpicos por España ou non vou", declaraba hai uns meses a Galiciapress . As aspiracións da lanzadora de xavelina, coa mellor marca mundial do ano, víronse colmadas tras o anuncio de Pilar Alegría, ministra de Deportes, encargada de trasladar a noticia acordada no Consello de Ministros.

 

 

Desde Oleiros traballa incansablemente para cumprir o soño que a trouxo do seu Cuba natal para perseguir o soño de subir ao podio olímpico. Ten aínda a marca do mundo sub-20 con 63,86 metros e a súa mellor marca está nos 64,17 metros. O seu teito parece aínda lonxe e este verán ten unha oportunidade de ouro para facer historia.

 

En Galicia ten establecida a súa vida e está máis que integrada nun territorio do que só ten boas palabras: "É o lugar perfecto para adestrar porque o ten todo: ten a praia, as montañas para a preparación...". Toda a comunidade alentaraa en agosto para perseguir o ouro olímpico. O soño está un pouco máis cerca.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE