A presenza de Carlos Mouriño no mitin de Ayuso en Vigo suscita polémica en redes entre os celtistas

O expresidente do Celta de Vigo deixouse ver no último mitin dos populares na cidade olívica e alimenta a tese dalgúns seguidores celtiñas de que "politizou" o club. 


|

GGaR13kX0AA9Qvh
Carlos Mouriño, xusto detrás de Alfonso Rueda no mitin de Vigo | Foto: PPdeG

 

O último gran acto do #PP onte en Vigo tivo de protagonistas a Isabel Díaz Ayuso, a Alfonso Rueda...e a Carlos Mouriño. Este último foi, talvez un protagonista involuntario, xa que o expresidente do Celta -deixou a entidade en mans de se filla Marián e agora actúa como presidente de honra- saíu retratado no acto, ocupando un dos asentos das primeiras filas, reservados para as máis altas autoridades. A súa presenza foi interpretada en redes sociais por moitos afeccionados do club celeste como a constatación da "politización" que experimentou o club durante os anos de Mouriño á fronte da entidade, marcados por unha serie de pequenas liortas de índole política.

 

O CELTA: UN INSTRUMENTO POLÍTICO?

Neste sentido, algúns acusaron neste tempo ao mandatario de utilizar ao Celta como unha arma política para enfrontar á Xunta e ao Concello de Vigo. Así, Balaídos foi un dos campos de batalla na guerra entre Abel Caballero e Feijóo no seu día ou Rueda na actualidade. Agora, coa Deputación de Pontevedra ao lado dos populares, o estadio do club olívico e as súas reformas seguen sendo motivo de disputas, coa súa candidatura para albergar algún dos partidos do Mundial 2030 aínda pendente. 

 

Por outra banda, a "amizade" de Mouriño cos populares vén de lonxe. É a súa boa relación con Nidia Arévalo, rexedora de Mos, a que permitiu o desembarco do Celta no municipio ao levantar a Cidade Deportiva Afouteza. Tamén a súa relación coa Xunta foi clave para impulsar o proxecto Galicia Sport 360, a 'Factoría do Deporte' que Mouriño presentou como o gran proxecto económico no futuro do Celta e que recibiu a gran lombeirada por parte do Goberno de Galicia. 

 

No entanto, tanto a construción da Cidade Deportiva como o lanzamento do proxecto non estiveron exentos de polémica, con diversos procesos xudiciais e a oposición dos comuneiros de Tameiga, onde se levantan as instalacións, por unha recualificación ilegal dos terreos, un feito que xulgou o #TSXG, declarando ilegal a infraestrutura e obrigando á Xunta a catalogar o proxecto de interese autonómico. Agora, son distintas autoridades as que consideran inviable o proxecto e poderían tombar a iniciativa.

 

 

Neste escenario, moitos consideran que a presenza de Mouriño no acto dos populares resulta unha "torpeza" nun momento tan delicado, xa que, en diante, calquera movemento conxunto do empresario ou o propio Celta con gobernos do PP poden suscitar máis sospeitas, como xa ocorreu en redes sociais. 

 

GGaPkK W4AAs9fv
Carlos Mouriño, xusto dúas filas detrás de Isabel Díaz Ayuso | Foto: PPdeG

 

Os afeccionados celtiñas destacaron as imaxes do exdirigente e aproveitado a ocasión para censurar o "pelotazo urbanístico" do club en Mos, a xestión do club nos últimos anos -especialmente na política de fichaxes- ou a actualidade deportiva do Celta, que non atravesa o seu mellor momento e que nestes momentos coquetea co descenso para desencanto dos incondicionais, que piden cambios inmediatos para evitar derívaa do equipo. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE