As seleccións de España de balonmán xogarán no Porriño esta primavera

As seleccións absolutas feminina e masculina de balonmán xogarán dous partidos oficiais no Porriño e en Lalín nos meses abril e maio, mentres que a cidade de Pontevedra acollerá a primeira edición da Copa5x5 de balonmán na rúa.


|

Balonmano campeones
Selección masculina de balonmán nunha foto de arquivo

 

A Deputación de Pontevedra acolleu este luns a presentación destes eventos deportivos nun acto repleto de nenos dos equipos de base do Balonmán Porriño e no que participaron o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, a vicepresidenta primeira e responsable da área de deportes, Marta Fernández-Tapias, o presidente da Real Federación Española de Balonmán (RFEBM), Francisco Blázquez, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, e os alcaldes de Porriño e de Lalín, Alejandro Lorenzo e Xosé Crespo.

Luís López remarcou o "grandísimo nivel" destes dous encontros e lembrou que "Pontevedra é unha provincia pequena en territorio, pero moi grande en deporte", ocupando o Balonmán un lugar destacado.

O próximo 7 de abril, no Concello do Porriño, as xogadoras da selección absoluta feminina, coñecidas como as 'Guerreiras' xogarán contra o combinado de Acerbaixán nun encontro clasificatorio para o Campionato de Europa deste ano 2024.

Así mesmo, o día 8 de maio, no Lalín Area xogarán o seu partido os 'Hispanos', alcume dos xogadores da selección absoluta masculina, que se enfrontará a Serbia no choque de ida dunha eliminatoria a dobre partido co billete para o mundial do próximo ano en xogo.

Por outra banda, no mes de xuño terá lugar a primeira edición da Copa 5x5 Deputación de Pontevedra, un torneo de categorías de base no que durante seis días as nenas e nenos dos equipos da provincia mostrarán todo o seu potencial nunhas canchas que se instalarán nas rúas da capital.

Luís López agradeceu o labor dos clubs, dos adestradores e das familias para construír cada día unha base tan sólida como a do balonmán pontevedrés, e a vicepresidenta Fernández-Tapias recalcou a transcendencia da visita da selección feminina para seguir dando visibilidade ao deporte feminino.

Pola súa banda, o alcalde do Porriño fixo fincapé nas máis de 2.000 licenzas que ten o balonmán no seu municipio e as numerosas actividades que organiza para fomentar o deporte. Mentres que en Lalín, o rexedor afirmou que "o balonmán no noso pobo é unha relixión".

"Porriño, Lalín e Pontevedra son templos para o balonmán galego e nacional", dixo o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López. Mentres que o titular da RFEBM, Francisco Blázquez, engadiu que esta "é unha das provincias de máis apoio e na que máis se traballa".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE