As propostas de Fraco e Arxentinos Burguer, protagonista no Mercado Boanerges de 'Cociñando Santiago'

Unha nova edición desta iniciativa explorará os origenes italo-arxentinos da iniciativa gastronómica que é tendencia na capital galega.


|

Gonzalo pose 1
Gonzalo Pose

 

Cando Arxentinos Burguer foi condecorada en 2025 como a mellor hamburguesa de España a cociña de Gonzalo Pose entrou noutra dimensión. Capaz de pór A Estrada no mapa gastronómico nacional, a súa creatividade non quedou aí e tras 'Old School 1980' sacouse da manga 'Flaquita', unha hamburguesa que en marzo se colgou a medalla de prata no Best Burguer Spain. Afeito aos retos, abriu un novo local en Santiago de Compostela, 'Fraco', que é tendencia na capital tras facer cun Solete na Guía Repsol e cuxa cociña se trasladará, provisionalmente, ao Mercado Boanerges o vindeiro xoves.

 

 

REIS DA HAMBURGUESA...E DE MÁIS COUSAS

Será no marco dunha nova sesión do ciclo 'Cociñando Santiago, onde Pouse explorará as raíces italo-arxentinas das súas propostas. De feito, este 16 de abril, a partir das 20 horas, non serán as hamburguesas as protagonistas, senón outras composicións igualmente apetecibles e que farán a boca auga dos asistentes.

 

Falamos dunha empanadilla criolla e unha lasaña frita, pratos que evocan non só á cociña porteña, senón tamén á carta do local estradense, onde segue apostando por suxestións que convidan a comer coas mans. Xa o fixo o ano pasado cun bocadillo de ostras fritas e
os tacos de carrillera afumada estilo Texas, outras dúas invencións sacadas da súa chistera.

 

Gonzalo pose 2
Gonzalo Pose

 

"Van sorprender moito pola súa autenticidade", augura Pouse, que ten en "a sinxeleza e o bo produto" os eixos da súa cociña, que unirá forzas con Pablo Pizarro, á fronte do equipo do mercado do Castiñeiriño e que non quedará atrás co menú que leva a esta master class: lentellas de curry verde e bacallau e empandilla de zorza e queixo San Simón. Unha experiencia culinaria en directo con sorteos e outras sorpresas para os asistentes que se anoten nesta aventura pola que pasan as mellores mans dos fogóns composteláns. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE