Primeiro avance do Ouren Sound Fest: Love of Lesbian, Nena Polaca, Alcalá Norte, Carlos Ares, Duncan Dhu...
O festival ourensán, que confirma o seu regreso para os días 22, 23 e 24 de maio, avanza as primeiras confirmacións do seu cartel.
Termina setembro e os días de sol e calor dan as súas últimas rabexadas antes de que os paraugas e abrigos vólvanse os nosos aliados no outono. Quedan por diante as estacións máis frías e escuras antes de volver sacar os pantalóns curtos e as camisas de festival. Para que se faga a espera un pouco máis amena -ou deixarnos cos dentes ben longos-, o Ouren Sound Fest, encargado de dar o pistoletazo de saída á tempada de festivais na comunidade galega, vén de anunciar os primeiros integrantes da 'Primeira festa do verán'.
O INDIE TOMA O MANDO
O festival auriense xa avanzou en xuño que regresaría en 2026 coa promesa de que o festival non renunciaría ao seu selo: "Sen masificacións, cun aforamento controlado para que todos poidades gozar de grandes artistas". Meu dito meu feito, porque o ramallete de confirmacións que se arrimarán á provincia de Ourense os días 22, 23 e 24 de maio non deixa indiferente e ninguén.
Nesta ocasión, o indie toma os controis do Ouren Sound Fest, xa sexa en forma de clásicos como Love of Lesbian, que veñen de protagonizar un 2025 de ruta por toda España presentando o seu último traballo, ou banadas emerxentes, como as madrileñas Alcalá Norte e Nena Polaca, dúas formacións cada vez máis demandadas polo público e que prometen seguir dando que falar nos próximos meses.
A estes hai que sumar unha banda lendaria como Duncan Dhu, que encabeza un cartel no que tamén atopamos a nomes propios da escena galega como Carlos Ares, Fontán e A Duendeneta, esta última unha confirmación imprescindible no Ouren Sound, que aínda se garda moitas cartas baixo a manga e que irá mostrando nos próximos meses a medida que crece a expectación sobre que grupos sumaranse a esta gran festa para dar a benvida ao verán despois de que Siloé, Dani Fernández, Ultraligera, Guadi Galego ou Xoel López protagonizasen a edición de 2025.
Escribe o teu comentario