Presentación e firma do libro 'As receitas da voltas co prato' no Corte Inglés da Coruña

 A cita será o 11 de marzo e contará coa presenza de Begoña Vázquez, unha das autoras da obra


|

A voltas co prato
A voltas co prato

 

O vindeiro martes 11 de marzo, a libraría do Corte Inglés da Coruña será o escenario dun evento gastronómico moi especial: a presentación e firma do libro As receitas da voltas co prato. A cita terá lugar ás 12:00 horas e contará coa presenza de Begoña Vázquez, unha das autoras da obra.

 

O libro As receitas da voltas co prato nace do exitoso programa da TVG A voltas co prato, no que Begoña, Estefanía, Merchi e Xullo conforman un equipo inigualable ao redor dunha gran cociña. A través das súas páxinas, os lectores poderán descubrir receitas tradicionais reinventadas de forma sinxela, divertida e didáctica, coa paixón e o amor pola cociña que caracteriza ao programa.

 

Este libro é o resultado da unión de experiencias, saberes e sabores deste grupo de cociñeiros, quen plasmaron nel o seu entusiasmo pola gastronomía e o valor da cociña de outrora, adaptada aos tempos modernos.

 

O evento será unha oportunidade única para os seguidores do programa e os amantes da cociña tradicional galega, quen poderán coñecer de primeira man os segredos culinarios da voltas co prato e levar o seu exemplar asinado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE