O ciclo 'Coruña Sounds 2024' confirma a Camilo como primeiro artista da nova edición
O artista colombiano é o primeiro en confirmar a súa presenza no ciclo coruñés cun concerto o próximo 11 de xullo.
Os concertos do ciclo Coruña Sounds comezan a tomar forma un ano máis. Coa intención de encher o verán de música na cidade herculina, o ciclo proxecta traer ao norte de Galicia aos mellores artistas do panorama nacional e internacional, e a primeira das confirmacións deixa ás claras que está no camiño de conseguir ese obxectivo que alcanzaron o ano pasado con Scorpions ou Marea.
Camilo, un dos artistas máis escoitados a nivel mundial, confirma a súa presenza na cidade para o próximo 11 de xullo. As entradas para a súa actuación, enmarcada dentro do ciclo de concertos, sairán á venda o vindeiro venres 10 de novembro ás 10 horas.

A organización destaca a Camilo como "un dos artistas máis destacados do pop latino e da música urbana a nivel mundial". "Toda unha estrela da música popular e unha das personalidades máis influentes para as novas xeracións", celebran desde Bring The Noise, á vez que subliñan os preto de 200.000 espectadores que gozaron da súa música na súa última xira por España, conde colgou o cartel de 'Sold Out' en máis dunha ducia de ocasións.
Escribe o teu comentario