A USC dá a benvida ao alumnado internacional para este curso académico
A xornada, organizada pola Oficina de Captación Internacional, desenvolveuse no Colexio de Fonseca e acolleu a preto de 300 alumnos procedentes de corenta países
A Universidade de Santiago de Compostela celebrou este sábado a quinta edición do coñecido como 'Welcome Day', co que dá a benvida ao alumnado internacional que cursará estudos na institución académica durante este curso 2023/2024.
A xornada, organizada pola Oficina de Captación Internacional, desenvolveuse no Colexio de Fonseca e acolleu a preto de 300 alumnos procedentes de corenta países, sendo as nacionalidades italiana, mexicana e alemá as que contaron cun maior número de estudantes asistente ao acto.
A sesión inaugural foi presidida polo reitor da #USC, Antonio López e contou coa participación da vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso, ademais da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a primeira tenienta de alcaldesa, María Rozas, e a subdirectora xeral de Retorno, Begoña Solís Domínguez.
Segundo informou a institución académica, esperan que ao longo deste curso matricúlense máis de 1.000 estudantes estranxeiros. O programa do evento contou con diferentes actividades para presentar a universidade entre o alumnado, así como distintos aspectos da cultura galega.
Despois do acto inaugural desenvolvéronse actividades de tipo lúdico con dinámicas de grupo para que o alumando interactúe entre si. A música tradicional galega atopouse tamén presente no programa.
Finalmente e tras unha comida con diferentes produtos típicos da gastronomía galega, unha sesión de DJ serviu de colofón á xornada.
Escribe o teu comentario