A Xunta destina 200.000 euros á industria audiovisual para 17 proxectos de guión, curtos e longametraxes

Os proxectos que buscará impulsar serán os guións, longametraxes de dirección novel e produción de curtametraxes a través das subvencións destinadas á promoción do talento audiovisual galego


|

Archivo - Cine, cines, butaca, butacas, taquilla, entrada, entradas, película, películas, exhibición, proyector de cine, proyección, cinematografía, espectador, espectadores
Arquivo - Sala de cine / Foto: @EP

A Xunta de Galicia trasladou axudas por un valor de 194.000 euros para a industria do audiovisual, que irán destinadas a un total de 17 proxectos de guion, curtos e longametraxes.

 

Segundo trasladou a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, os proxectos que buscará impulsar serán os guións, longametraxes de dirección novel e produción de curtametraxes a través das subvencións destinadas á promoción do talento audiovisual galego.

 

Estas axudas teñen como obxectivo favorecer a incorporación da nova creación á industria audiovisual. En concreto, o Goberno autonómico distribuíu 120.000 euros na modalidade longametraxes de tres proxectos de dirección novel.

 

A primeira delas é da produtora Rebordelos, titulada '360', que recolle a historia das loitas sociopolíticas da Fonsagrada na década dos 90 do século pasado.

 

A insimisión será o tema de' Crónica dun non!', proposta de Álvaro Liste que se baseará nun relato biográfico para brindar un mosaico xeneracional dos movementos antibelicistas.

Por último, Marta Eiriz é autora da terceira película: 'Nunca te rendas'. Trátase dun traballo documental que reflexiona sobre as casuísticas que se establecen entre o deporte, a muller e a maternidade.

Na categoría de guións, foron seis os seleccionados nunha modalidade que se distribúe 30.000 euros entre os proxectos. Temáticamente, destacáronse pola heteroxeneidade ao incluír tramas que van desde dramas rurais até futuros distópicos, pasando pola adaptación á pantalla de feitos reais de diferente natureza.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE