O Festival de Ortigueira e outros eventos culturais dos que gozar este fin de semana

Galiciapress recomenda os mellores plans para este fin de semana en Galicia


|

Ortigueira
Festival de Ortigueira / Foto: festivaldeortigueira.com

Festival de Ortigueira: Este fin de semana serán os últimos días do festival. Durante o sábado destacará Xurxo Fernandes, Four Men and a Dog, Bagad Sonerien An Oriant ou Le Vent du Nord e, durante o domingo, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Covagueira ou Vos Carecos. O fin de semana haberá tamén varios obradoiros, entre eles un de baile asturiano e outro de baile galego, da man do #IES de Ortigueira, contando ademais cun obradoiro de fotografía e varias exposicións.

 

Festa do Santísimo Cristo dous Aflixidos de Bouzas: Declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2004, esta festa conta on un gran arraigamento popular na súa contorna. Durante un total de cinco días celébranse distintos actos, entre os que destacan o pregón, a regata internacional de faluchos, a procesión ou o Festival Poético Piro-Musical 'Cidade de Vigo - Vila de Bouzas', que se tretransmite habitualmente na TVG. Este domingo pola noite, os veciños de Bouzas acompañarán ao Santo Patrón en procesión, seguida do lanzamento de fogos artificiais.

 

Final de Xenerason Rock: Este sábado terá lugar, dentro do Festival Go!Go!Zo!, no Monte do Gozo de Santiago, a fase final do certame de bandas nóveles de Galicia e Portugal. Nela participarán as seis agrupacións escollidas polo xurado.

 

Festa da Vieira de Cambados: Este fin de semana a localidade pontevedresa de Cambados acollerá unha singular festa organizada por numerosas organizacións co fin de exaltar a gastronomía local, a través de degustacións, concursos e eventos deportivos dentro dun enclave de alto valor cultural, arquitectónico e patrimonial.

 

Antonio Agra Quintet: Betanzos tráenos este sábado un concerto de Jazz, que dará comezo ás 20:30 horas na praza da Constitución. Trátase do viabrafonista de jazz e improvicación Antonio Agra Quintet, que actuará dentro do festival 'Betanjazz'.

 

Festicultores Troupe: O Club Fluvial de Begonte, na provincia de Lugo, organiza para este sábado unha verbena a cargo de Festicultores Troupe. Esta banda conta xa con 17 anos de historia e máis de 850 actuacións por varios países, como Portugal, Francia, Serbia, Polonia e España, cultivando a viesta alá onde van acompañados de música, baile, humor e desinhibición cerebral.

 

Tecedeiras: Este fin de semana pode ser unha boa ocasión para acudir á exposicion que o Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle desde este pasado luns. Trátase dunha colección de Manuel Rodríguez Calviño, resultado de case trinta anos de investigación sobre a produción téxtil en Galicia .

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE