Entradas de cine a 2 euros para os maiores de 65 anos cada martes en até 17 salas de Galicia
O programa 'Cine Sénior', impulsado polo Ministerio de Cultura para que as persoas maiores de 65 anos vaian ao cine por dous euros cada martes, comeza este 11 de xullo nun total de 17 cines en Galicia.
A iniciativa do Ministerio de Cultura comezará este 11 de xullo en 17 salas de cine da comunidade galega: sete na Coruña, seis en Pontevedra, tres en Lugo e unha en Ourense.
O programa, que conta cun orzamento de 10 millóns de euros a cargo dos Orzamentos Xerais do Estado 2023, busca incentivar a asistencia aos cines, que arrastran aínda as consecuencias da pandemia.

O programa 'Cine Sénior', impulsado polo Ministerio de Cultura para que as persoas maiores de 65 anos vaian ao cine por dous euros cada martes, comeza este 11 de xullo nun total de 17 cines en Galicia.
Por provincias, na Coruña sumáronse sete cines, seguida por Pontevedra (6), Lugo (3) e Ourense (1). Esta é unha medida impulsada polo Goberno central para fomentar a volta ás salas.
En concreto, os sete cines da Coruña adheridos son: Odeon Multicines (Narón), Cinesa As Cancelas (Santiago), Numax (Santiago), Cines Compostela, Cinesa Marineda City (A Coruña), Yelmo Cines Espazo Coruña, Duplex (Ferrol).
Na provincia de Pontevedra, a lista é a seguinte: Tamberlick (Vigo), Multicines Norte (Vigo), Cines Yelmo Premium Vialia Vigo, Yelmo Cines Vigo, Minicines Central (A Estrada) e Avenida (Caldas de Reis).
En Lugo : Cines Yelmo As Termas (Lugo), Cines Viveiro e Cinelandia (Ribadeo). O único cine que se suma na provincia de Ourense é o Novocine de Leiro.
AXUDAR Ao CINE
O Ministerio apunta que se trata dunha proposta que avoga por "recuperar a ilusión de gozar do cine como unha experiencia emocional e presencial, que transcende o mero feito de ver unha película e que, en cambio, converte o acto de ir ao cine nunha práctica social e vibrante".
Segundo o Real Decreto aprobado polo Consello de Ministros o pasado 13 de xuño, a proposta do ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, a medida permitirá que un día á semana, preferiblemente os martes ou outro día no caso das salas que só abren durante o fin de semana ou que pechan precisamente os martes, as persoas de 65 anos ou máis poidan acceder ao cine por dous euros.
As entradas só poderanse expedir nos despachos de billetes das salas, previa identificación da persoa e a acreditación da súa idade. O programa conta cun orzamento de 10 millóns de euros a cargo dos Orzamentos Xerais do Estado 2023.
CINE EN PANTALLA GRANDE
As persoas de 65 anos ou máis constitúen o grupo de idade que máis tarda en retomar os hábitos de asistencia ao cine en salas previos á pandemia.
Así, na asistencia ao cine obsérvanse aínda notables diferenzas entre franxas de idade xa que se o 49,3% dos mozos de 20 a 24 anos acudiu polo menos unha vez ao ano ao cine entre 2021 e 2022, esa porcentaxe cae até o 6% na poboación de máis idade. De todos os sectores culturais, o cine é un dos máis afectados, aínda hoxe, pola pandemia.
Escribe o teu comentario