Estes son os mellores plans para este fin de semana en Galicia

Presentámosvos algúns dos eventos lúdicos e culturais aos que poderemos acudir este fin de semana na comunidade.


|

El Festival de Cans otorga al actor Carlos Blanco su Premio Pedigree 2019
Arquivo - O humorista Carlos Blanco actuará este fin de semana na Pobra de Trives

Inventio: O Teatro Colón da Coruña recolle este sábado un espectáculo musical de gran formado. En 'Inventio' combínanse comedia e drama, ademais de danza ilusionismo e artes circenses. Inclúe dous pases: un ás 17:00 e outro ás 20:30, con entradas de entre 13 e 25 euros, segundo a localidade elixida.

 

#Obxectivo Muralla: Desde esta semana e até o próximo 3 de febreiro permanecerá aberta en Lugo a exposición '#Obxetivo Muralla', que chega á Biblioteca Pública da cidade da man da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón, a través das 25 imaxes da muralla romana lucense realizadas por cinco fotógrafos titulados no centro.

 

Her Anxiety: Para os amantes do Metal, Vigo acolle este sábado un concerto da banda local Her Anxiety, fomada na localidade olívica en 2020 por músicos de gran experiencia na escena galega. O espectáculo será na Sala Transylvania e dará comezo ás 21:30, con entradas á venda desde os 8 euros.

 

Moncho Borrajo "50+1": O humorista ourensán celebra os seus "50+1" anos nos escenarios. Para iso, preparou este espectáculo formidable que presentará este domingo na Sede Afundacción de Pontevedra. Será ás 19:00 horas e as entradas teñen un prezo desde os 18 euros.

 

Whisky Caravan + Mar de Fondo: Un concerto de rock chega este fin de semana á Coruña. Co motivo do lanzamento do seu novo disco de estudo, a banda madrileña Whisky Caravan anuncia unha nova xira, que nesta ocasión fará acompañada de Mar de Fondo. Con entradas a 12 euros, a banda reunirase este sábado ás 12:30 no Garufa Club.

 

Carlos Blanco: Este domingo ás 18:00 teremos outro evento humorístico no Auditorio Xullo Vázquez, da Pobra de Trives. Esta vén da man de Carlos Blanco, que decide revisar algúns dos seus máis coñecidos monólogos durante 70 minutos de risas, elementos de actualidade e improvisación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE