Evoluciona favorablemente o apuñalado no Orzán, cos seus agresores detidos e en prisión provisional

Os feitos ocorreron a madrugada do xoves ao venres na zona de pubs da cidade herculina. Os investigados foron detidos pouco despois do suceso. 

 

 


|

Orzu00e1n
Foto: @g24noticias

 

O home apuñalado na zona de pubs do Orzán, na Coruña, na madrugada do pasado 19 de abril, atópase ingresado en planta, no complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), con evolución favorable, segundo informaron fontes hospitalarias consultadas por Europa Press.

En relación a este caso, a maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 da Coruña decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do catro detidos.

Segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG), todos eles están investigados por un delito de asasinato en grao de tentativa ou consumado, dependendo da evolución da vítima.

Os feitos ocorreron sobre o cinco da madrugada do venres na zona de copas desta rúa herculina, aínda que a detención se produciu pouco despois na rúa Torreiro.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE