Resultados provincia da Coruña: PPdeG 13; BNG 9 e PSdeG 3, co 100% escrutado

Con 75 escanos no Parlamento de Galicia, a maioría absoluta establécese nos 38 escanos.Pontevedra, a segunda máis numerosa, decide 22 deses asentos. 


|

Marta lois sumar
Marta Lois |  Foto: Sumar Galicia 

 

Os primeiros datos da Coruña, segundo a información facilitada pola web de seguimento, debuxan un escenario no que até tres forzas lograrían representación pola provincia, como auguraban algunhas sondaxes durante a campaña electoral, deixando fose Sumar, que pugnaba coa súa lista por un escano nunha provincia que encabezaba Marta Lois.

 

Co 35,61% escrutado, o PPdeG alcanzaría os 13 representantes, mentres que o BNG levaría 9, dous máis que nos anteriores comicios. O PSdeG, pola súa banda, ve como queda con 3 asentos, un menos que en 2020, mentres que Sumar quedaría fóra do Pazo do Hórreo. 

 

Neste escenario, só os nacionalistas mellorarían o seu resultado, con máis dun terzo dos votos escrutados. Os resultados inclúen tamén aos electores que votaron por correo, unhas 22.725 solicitudes na provincia.

 

EPDATA ELECCIONES GALLEGAS 2022
EPDATA ELECCIONES GALLEGAS 2022

 

A participación a última hora da tarde, na actualización das 17 horas, era do 48,57%, 5,73 puntos máis que nas eleccións de 2020.

 

Para seguir o reconto en directo basta con ir actualizando a portada de Galiciapress

 

Una persona ejerce su derecho a voto, en el Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), a 18 de febrero de 2024, en Santiago de Compostela
Unha persoa exerce o seu dereito a voto, no Centro Galego de Arte Contemporánea (#CGAC), a 18 de febreiro de 2024, en Santiago de Compostela

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE