Desaparecido un home de 73 anos en Oleiros desde esta madrugada
O home padece Alzheimer, informou a familia
A Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias do municipio coruñés Oleiros buscan a Francisco Pazos, un home de 73 anos desaparecido durante a madrugada deste sábado no lugar de Lorbé, pertencente á parroquia de Dexo.
Segundo informou o Concello de Oleiros, foi a familia do desaparecido a que alertou á Policía sobre as 03,00 horas deste sábado ao decatar da ausencia do home, que padece alzheimer.
Tal e como detallaron, o desaparecido mide 1,70 metros. Ademais, facilitan o teléfono 98161000l para comunicar se alguén o localiza.
Escribe o teu comentario