Apoios a Ian Mackay, o porteiro do Deportivo da Coruña que pecha as súas redes tras ameazas

O porteiro do Real Club Deportivo da Coruña pechou as súas redes sociais ao fío da derrota en Castelló este domingo, que impide o ascenso. Ian Mackay recibiu insultos e mesmo ameazas de seguidores tras os seus fallos nos dous primeiros tantos do Castelló onte.


|

Lucas Pu00e9rez en rueda de prensa tras la derrota de Castellu00f3n
Lucas Pérez en rolda de prensa tras a derrota de Castelló

Hai que lembrar que o cérbero foi un dos xogadores destacados nesta tempada e as súas paradas resultaron claves para que os herculinos chegasen ao playoff de ascenso.

 

 

 


 

Con todo, Mackay -que cancelou a súa conta de Twitter e tamén a de Instagram- cometeu varios erros o domingo -aínda que tamén tivo paradas destacadas- e parece que bastantes seareiros o culpan da derrota. Algo que pode ser normal no mundo do fútbol cando un porteiro falla, pero algúns o están facendo dunha maneira agresiva, ameazas incluídas.

 

 

 

 


APOIO DOS seus COMPAÑEIROS

Isto sucede a pesar de que os seus compañeiros deixaron claro desde o primeiro momento que el non é o responsable do fracaso do Deportivo da Coruña esta tempada. Por exemplo, na rolda de prensa tras o 4-3 en Castelló, o dianteiro Lucas Pérez lembrou que o porteiro lles salvou en moitas ocasións e que el mesmo fallou goles que parecían claros.

 

 

 

 

O aínda adestrador do Deportivo Rubén da Barreira reaccionou publicando unha mensaxe de apoio ao gardameta.  O técnico destacou valíaa persoal de Mackay e de todos os compoñentes do plantes..


 

 Tamén son moitos os seguidores e comunicadores que publicaron mensaxes de respaldo ao deportista nestes momentos tan complicados.

 

 


 

SEGUIRÁ ABANCA?

Pola súa banda o presidente do club prometeu que pronto haberá fichaxes para tentar de novo o asalto á categoría Liga SmartBank. Antonio Couceiro alude ao respaldo de Abanca para tomar pronto, en cuestión de semanas di, decisións que incrementen a calidade do persoal incorporando novos xogadores.


 O que non aclarou Couceiro é a continuidade do actual adestrador herculino, que foi moi criticado nesta recta final de tempada. 
 

 Esta é a terceira tempada consecutiva que o Deportivo compite no  que antes era a Segunda División B, unha categoría que en teoría é semiprofesional.  

 

Ian Mackay en el Castellu00f3n vs Deportivo de A Coruu00f1a en Castalia en una imagen del club levantino
Ian Mackay no Castelló vs Deportivo da Coruña en Castalia nunha imaxe do club levantino

 

Pese ao importante apoio da afección,  agora ABANCA dirixida polo magnate venezolano Juan Carlos Escotet debe decidir si quere seguir investindo nun club que lastra os resultados das súas contas, aínda que ao mesmo tempo lle serve para facer promoción do seu suposto compromiso coa Coruña e Galicia.

 

 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE